try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

I Feira da Enerxía de Galicia

 

I Feira da Enerxía de Galicia

Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Lugar: Silleda.Pontevedra

Data: 14 -15 abril 2016

Unha feira que reúne empresas, institucións, profesionais e consumidores para mostrar o sector da enerxía desde múltiples enfoques:

Enerxías renovables (biomasa, solar, eólica, hidráulica, xeotérmica, mariña…)

Enerxías convencionais (petróleo, gas, carbón…)

Movilidade (vehículos eléctricos…)

Aforro e Eficiencia Enerxética

Material e equipos para instalacións

Electrónica Industrial e automatización

Eco-construcción e rehabilitación eficiente

Feira Enerxía Galicia PORTADA
 

Unha feira internacional con 93 expositores directos de España, Francia e Portugal, representando a 241 firmas de dezaseis países e cunha afluencia de 5500 visitantes.

A Consellería de Educación solicitou a participación dos centros de Galicia nos que se imparten ciclos formativos da familia profesional de Enerxía e Auga: o IES Universidade Laboral de Culleredo, o CIFP Ferrolterra, o CIFP As Mercedes de Lugo e o CIFP A Farixa de Ourense. E tamén solicitou a participación do CIFP Someso para mostrar os proxectos de innovación vinculados ao aforro e eficiencia enerxética desenvoltos polo equipo Bioconstrución Someso.

 2016 04 14 Feria Energ Galicia SILLEDA  2016 04 14 Feria Energ Galicia SILLEDA

Actividades: Exposicións de solucións técnicas relativas a produción, e utilización da enerxía; aforro enerxético, eficiencia enerxética e economía de recursos realizadas polos centros de formación profesional, fundamentalmente a través de proxectos de innovación.

Destinatarios: Empresas, institucións, profesionais e consumidores.

A exposición de Someso consistiu nunha pequena representación das principais solucións técnicas de bioconstrución asociadas aos proxectos de innovación desenvolvidos: Construción con palla embalada (Recursos didácticos para a construción bioclimática: Módulo Bioclimático Experimental “A Vieira” 2011-12), Cubertas verdes (Solucións enerxéticas e de climatización natural na bioconstrución 2014) e Fornos solares como recurso didáctico para enerxía solar e construción bioclimática (Premio a innovación educativa en enerxías renovables en Galicia 2004).

 2016 04 14 Feria Energ Galicia SILLEDA  2016 04 14 Feria Energ Galicia SILLEDA

Os alumnos Ismael Alborés, Miguel Ángel Santos e Steven Rial presentaron o proxecto “Granxía”, desenvolvido no módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora sobre solucións de enerxías renovables para granxas en Galicia.

A exposición foi visitada por: Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde e o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a os que se lles explicou en detalle as vantaxes enerxéticas, ambientais e formativas das solucións propostas.

 2016 04 14 Feria Energ Galicia SILLEDA  2016 04 14 Feria Energ Galicia SILLEDA

Mais información:

Páxina web da Feira de Enerxía de Galicia:

http://www.feiraenerxiagalicia.com/

Páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

http://www.edu.xunta.es/fp/feira-enerxia-galicia

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18714

 

Reflexo nos medios de comunicación:

Televisión de Galicia.
TVG I Feira Enerxía Galicia TVG Centros FP expoñen
 TVG TxMd Feira Enerxía Galicia  
 

La Voz de Galicia

VdG 2016 04 17 Feira Enerxía  
Retorno a la página principal del portal de Biocontrución Someso:
Logo Bioconstrucción Someso