try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

CONSOLFOOD 2016

CONSOLFOOD 2016. Congreso Internacional sobre Avances no Procesamento Solar de Alimentos. Faro. Portugal.

Data: 22 - 23 Xaneiro 2016

Organización: Universidade do Algarve. Instituto Superior de Engenharía.

Localización: Instituto Superior de Engenharía. Campus da Penha. Faro. Portugal

Coordinación: Profesor Doutor Celestino Rodrigues Ruivo. ISE - Universidade do Algarve.

Actividades:

Relatorios. Impartidos por investigadores e promotores da cociña solar procedentes de Europa, Asia, Africa e América, enfocando o tema de empregar a enerxía solar para o procesamento de alimentos baixo diferentes prismas segundo as súas experiencias.    consolfood 2016
 

Exposicións. Carteis de diferentes proxectos e novos modelos de cociñas solares.

   
 

Demostracións. Fornos, cociñas e diversos aparellos para o aproveitamento da enerxía solar para o procesamento de alimentos.

Demostración gastronómica solar.

   

Actuación musical do grupo de Nova York “Solar Punch” que empregan a enerxía solar para o funcionamento dos seus equipos. http://www.solarpunch.org/    
 

A representación de Someso participou impartindo un relatorio titulado “The science behind solar cookers: a good didactic approach” (A ciencia detrás das cociñas solares: unha boa aproximación didáctica) e con 5 fornos e cociñas solares na exposición demostrativa.

   

 

O congreso estivo dedicado a o visionario investigador portugués Manuel António Gomes, mais coñecido como Padre Himalaya, inventor do “Pirelióforo”, galardoado na Exposición Universal de San Luis de 1904. Os traballos de investigación sobre o aproveitamento da enerxía solar do Padre Himalaya sitúan a Portugal como un referente histórico nese ámbito.

   

Houbo participantes procedentes de India, Sudáfrica, Kenia, Camerún, Uganda, Canadá, Estados Unidos, México, Brasil, Chile, Noruega, Alemania, Austria, Francia, Reino Unido, España, Portugal... o que constituíu unha experiencia moi enriquecedora nos ámbitos científico, enerxético, ambiental, cultural, lingüistico, etc.

Mais info:Programa CONSOLFOOD 2016 [English]

Web CONSOLFOOD 2016: Galerías fotográficas, vídeos, etc.http://www.consolfood.org/

  

Mais info:

Reflexo nos Medios de Comunicación

   

Mais info:

Presentación “The science behind solar cookers: a good didactic approach” do profesor do CIFP Someso Juan Bello

 

 

 

Si detecta algún erro ou desexa realizar unha suxestión, rógase remitila por correo electrónico a: juanbello@edu.xunta.es

Moitas grazas.

Retorno á páxina principal do portal de Biocontrución Someso:

Logo Bioconstrucción Someso