try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Actividades e Proxectos Internacionais

 

Logo Bioconstrucción Someso

Retorno a la página principal del portal de Biocontrución Someso:

Programa Erasmus+ Mobilidade de persoal para aprendizaxe. Proxecto de formación internacional en bioconstrución “Bioform”

19-21 xuño 2017

A Coruña.

Proxecto de formación internacional “Bioform” para profesores solicitado polo Centro de Formação Profissional da Indústria da Construção Civil e Obras Públicas do Norte (CICCOPN) para recibir formación en bioconstrución no CIFP Someso, desenvolver contidos curriculares e deseñar actividades formativas para incluír no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais de Portugal.

Na primeira mobilidade realizada, asistiron seis profesores do CICCOPN. Desenvolvéronse encontros de traballo, estudo do módulo bioclimático A Vieira, actividades prácticas con fornos e cociñas solares, visitas técnicas e culturais e sesións de planificación para o resto do proxecto e futuras colaboracións conxuntas.

Entre as visitas técnicas realizadas estaba á cuberta verde do Centro Municipal Ágora, donde o equipo de traballo foi recibido pola concelleira de medio ambiente María García.

2017 06 19-21 CICCOPN Prox Bioform PORTUGAL 2017 06 19-21 CICCOPN Prox Bioform PORTUGAL 2017 06 19-21 CICCOPN Prox Bioform PORTUGAL

 

Programa Erasmus+ Mobilidade de persoal para docencia

22-26 Maio 2017.

Faro (Portugal)

Universidade do Algarve, Instituto Superior de Enxeñaría. “Sessões de Formação sobre Cozinha Solar e Bioconstrução”.

Mobilidade realizada polo profesor Juan Bello cos obxectivos de: Mostrar bosas prácticas formativas realizadas no CIFP Someso no ámbito da bioclimática e a bioconstrución. Mostrar as aplicacións docentes dos fornos e as cociñas solares. Concienciar sobre os beneficios ambientais da enerxía solar e as súas aplicacións na bioclimática e a bioconstrución.

2017 05 22-26 Univ Algarve PORTUGAL 2017 05 22-26 Univ Algarve PORTUGAL 2017 05 22-26 Univ Algarve PORTUGAL

 

Intenational Conference on Renewable Energy and Power Quality ICREPQ17

4-6 abril 2017

Málaga.

Organizado pola European Association for the Development of Renewable Energies and Power Quality, a Universidade de Vigo e a Universidade de Málaga.

Presentación da ponencia “Comfort temperature and humidity evaluation of a bioclimatic design building” sobre o comportamento higrotérmico do módulo bioclimático “A Vieira” realizada en colaboración con investigadoras do “Grupo de aplicacións en sustentabilidade enerxética” da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.

Presentación do poster “Cooking with the sun: teaching and capaciting about solar energy” sobre o potencial didáctico das cociñas e fornos solares experimentado durante anos no CIFP Someso.

2017 04 06 Int Conf on Renewable Energies MÁLAGA 2017 04 15 ICREPQ 17 MÁLAGA

 

Comisión Internacional de Avaliación da Tese de Doutoramento “Sustainable Comunities Project: Protocol and Appropiate Technologies for Water Management”

1 Xuño 2016.

A Coruña.

Visita ao CIFP Someso de especialistas de Chile, Portugal e España. A tese de doutoramento foi presentada na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.

Ademais dunha visita técnica ao Módulo Bioclimático “A Vieira” e ás instalacións de Someso, participaron na elaboración e degustación dun menú con cociñas e fornos solares. Establecéronse contactos e realizáronse propostas para desenvolver proxectos conxuntos.

 2016 06 01 Comisión Internacional en A Vieira

 

CONSOLFOOD 2016. Congreso Internacional sobre Avances no Procesamento Solar de Alimentos.

22 - 23 Xaneiro 2016

Faro (Portugal).

Organizado polo Instituto Superior de Engenharía da Universidade do Algarve. Investigadores e promotores de cerca de vinte países de Europa, Asia, Africa e América compartiron as súas experiencias no ámbito da utilización da enerxía solar para o procesamento de alimentos.

Conferencias, exposicións de proxectos, cociñas solares, demostracións de funcionamento e gastronomía solar, amenizados por un grupo musical que emprega a enerxía solar para o funcionamento dos seus equipos.

Mais información aquí.

consolfood 2016

 

Seminario de Bioconstruçao, Tecnoloxías Sustentábeis e Pirefolio do Padre Himalaya

21 xaneiro 2016

Faro (Portugal).

Universidade do Algarve, Instituto Superior de Enxeñaría.Conferencia: “Módulo Bioclimático Experimental, un recurso didáctico para la bioclimática y la bioconstrucción en el CIFP Someso de A Coruña”

2016 01 20 Seminario Bioconst Faro PORTUGAL

 

Programa Iacobus Formación Profesional

Setembro 2015

A Coruña.

O programa IACOBUS FP ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os profesores dos Centros Públicos de Formación profesional da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal para a posta en común de actividades formativas, investigadoras e divulgativas.

O profesor Filipe Ramos, do Centro de Formação Profissional da Industria de construção Civil e Obras Públicas do Norte (CICCOPN) emprazado en Maia (Portugal), realizou unha estadía durante a primeira semana de setembro.

Entre as actividades a desenvolver estaban as de mostrar metodoloxías de traballo empregando como ferramenta de traballo as tabletas electrónicas e coñecer as actividades de bioconstrución desenvolvidas e os recursos empregados en Someso.

2015 09 01 Proy IACOBUS

 

Profesores de Finlandia visitan o Módulo Bioclimático “A Vieira” e participan dunha comida solar.

21- 23 de abril de 2015

A Coruña.

Profesores do centro de formación profesional Luksia da localidade finlandesa de Lohja, visitaronas instalacións do CIFP Someso, entre elas o Módulo Bioclimático Experimental “A Vieira”, donde degustaron comida preparada con fornos y cociñas solares.

Catro profesores que imparten materias vinculadas ao sector da construción e mostráronse muy interesados no deseño bioclimático e os beneficios enerxéticos, nas solucións construtivas con criterios de bioconstrución e na utilización dos fornos solares como ferramienta didáctica.

Aproveitando a meteoroloxía favorable, organizouse  unha comida de traballo na que o menú foi íntegramente cociñado co sol.

Máis información

Crónica periodística na "Voz de Galicia"

 

Actividade de formación internacional 2011-12

“Eclogical Building with Strawbales in Vocational Training”

A Coruña.

Construción ecolóxica con balas de palla na Formación Profesional

Promovida polo CIFP Someso en colaboración coa Asociación Tríada e a ufafabrik Berlín co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Participación de profesores e especialistas de Galicia, Berlín, Brandenburgo e Letonia.

Actividades desenvolvidas no CIFP Someso:

Unha semana de formación teórico-práctica en setembro de 2011
Unha semana de realización práctica en abril de 2012 que permitiu materializar o módulo bioclimático “A Vieira”

 

Máis información

Módulo Bioclimático Experimental "A Vieira"

 

Proxecto Leonardo da Vinci de Asociación 2010-12 FOR TOMORROW

Obxetivos:

Contrastar información sobre a situación da construción ecolóxica nos seguintes ámbitos:

  • Regulaciones existentes e requisitos futuros.
  • Formación e emprego
  • Métodos de construción

Elaborar unha guía con exemplos de boas prácticas

Participantes:

LENO CONSULTING. (Nailloux. FRANCIA)

ibis acam Bildungs GmbH (Vienna. AUSTRIA)

VHS-Bildungswerk für Brandenburg und Berlin GmbH, Weiterbildungszentrum Eberswalde (Eberswalde. ALEMANIA.)

CIFP SOMESO (A Coruña. ESPAÑA)

Accede á web do proxecto:

http://for2morrow.wordpress.com/

 

Proxecto Leonardo da Vinci de Mobilidade 2010-11

En el proyecto participaron 5 profesores del departamento de edificación y obra civil, un profesor del departamento de madera, un profesor del equipo directivo y la orientadora del centro.
Dirigido a establecer contacto con un centro de formación profesional en Berlín con experiencia práctica en bioconstrucción asi como con empresas y asociaciones relacionadas con el sector , con el fin de establecer cooperaciones futuras.
Orientado a ampliar conocimientos de los profesores en lo referente a experiencias en bioconstrucción y por otra parte establecer un proyecto guía de futuras colaboraciones para intercambios de estudiantes o para que nuestros estudiantes puedan realizar la FCT en empresas del sector en Berlin.
Las movilidades se realizaron en dos turnos de cuatro profesores en cada turno: septiembre de 2010 y abril de 2011.

Actividades Bioconstrucción Proyecto Leonardo BERLÍN (Español)

 

 

Si detecta algún erro ou desexa realizar unha suxestión, rógase remitila por correo electrónico a: juanbello@edu.xunta.es

Moitas grazas.

 

Retorno á páxina principal do portal de Biocontrución Someso:

 Logo Bioconstrucción Someso