try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Xornadas sobre Cubertas Verdes 2014

Xornadas sobre Cubertas Verdes

Xornadas Técnicas do Proxecto de Innovación:

“Solucións enerxéticas e de climatización natural na bioconstrución”

A bioconstrución defende a aplicación das cubertas verdes, xa que son unha solución construtiva con importantes vantaxes: aumentan a eficiencia enerxética pola súa capacidade de favorecer a climatización natural; melloran o medio ambiente local (produción de osixeno, absorción de CO2, retención de partículas en suspensión no aire…); regulan das augas pluviais en períodos de fortes precipitacións evitando sobrecargas dos sistemas de alcantarillado e depuración; e moitas outras.

Actividades: Ciclo de conferencias, exposicións de materiais e visitas técnicas.

Obxectivos: Coñecer as vantaxes e as principais características técnicas de cubertas e tamén fachadas verdes e outras propostas de naturalización urbana, como unha oportunidade de proxección profesional para os alumnos dos ciclos de Edificación e Obra Civil, Xardinería e Paisaxismo que estudan nos centros formativos participantes no proxecto de innovación.

Data: 22 -23 Outubro 2014

Organización: CIFP Someso, CFEA Guísamo, Asociación Tríada e Canlade SL.

Colectivo destinatario: Alumnado e profesado dos ciclos de Edificación e Obra Civil (CIFP Someso), dos ciclos de Xardinaría e Paisaxismo (CFEA Guísamo). Estudantes e especialistas vinculados cos temas a tratar. Persoas nteresadas en xeral.

 

Máis información:

Programa das xornadas técnicas

Resumo dos relatorios

Resumo das visitas técnicas

Referencias en PRENSA e INTERNET

Proxecto Innovación Tecnolóxica “Solucións enerxéticas e de climatización natural na bioconstrución”

 

Pódese solicitar unha visita guiada ó módulo bioclimático e os proxectos asociados por correo electrónico a: cifp.someso@edu.xunta.es

 

Si detecta algún erro ou desexa realizar unha suxestión, rógase remitila por correo electrónico a: juanbello@edu.xunta.es

Moitas grazas.

 

Retorno á páxina principal do portal de Biocontrución Someso:

Logo Bioconstrucción Someso