try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Formación e Orientación Laboral

Dentro dos módulos técnicos que capacitan para exercer unha profesión, existen outros que teñen como obxectivo común a formación para o emprego; son os correspondentes ao departamento de Formación e Orientación Laboral:

A finalidade dos mesmos:

- Coñece-la lexislación laboral básica e os dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais e adquiri-los coñecementos e habilidades necesarias para traballar en condicións de seguridade e previr os posibles riscos derivado das situacións de traballo.

- Comprende-la organización e características do sector correspondente e os mecanismos da inserción profesional.

- Coñece-la organización e estructura da empresa .

- Desenvolver estratexias e habilidades psicolóxicas e emocionais á hora de insertarse no mundo de traballo tales coma: optimización da comunicación, resolución de conflictos, técnicas de negociación, dirección e participación en reunións, etc..

 

A partires do curso 2008/2009, dun xeito paulatino, istes tres módulos refundiránse en dous:

  1. FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL: módulo que consta de 107 horas lectivas (catro sesións lectivas á semá durante o primeiro ano do ciclo formativo). Os contidos da nova FOL están divididos en duas unidades formativas:
    • Prevención de riscos laboráis: que dura 45 horas lectivas e mediante a cal tódolos/as alumnosas acadarán o título básico de prevención de riscos laborais.
    • Equipo de traballo, dereito do traballo e da seguridade social e procura de emprego: que dura 62 horas lectivas no cal se abordarán os aspectos fundamentáis para que os/as alumnos/as leven a cabo a súa integración no traballo por conta allea cunhas habilidades e coñecementos que faciliten a súa adaptación.
  2. EMPRESA E INICIATIVA EMPRENDEDORA: módulo que consta de 53 horas lectivas (tres sesións lectivas á semá durante o segundo ano do ciclo formativo) no cal o/a alumno/a desenvolverá e analizará a súa capacidade emprendedora a traverso da elaboración dun proxecto empresarial real e factible dentro da súa rama profesional no cal aplicará os coñecementos básicos de xestión e administración que aprenderá ó longo do curso académico.