O CIFP SOMESO, primeiro centro de formación da cidade da Coruña preparado ante emerxencias cardíacas
|
Un total de trinta e dous profesores, persoal laboral e subalternos do Centro de Formación Profesional de Someso recibiron onte os certificados de cualificación no manexo de desfibriladores semiautomáticos e de reanimación cardiopulmonar, o que converte a este centro na primeira comunidade educativa da cidade en ser distinguida como Espazo Cardio Saudable e contar cun aparello para atender as posibles emerxencias cardíacas que poidan suceder no centro educativo. |