Convocatorias

PRAZO SOLICITUDES BECAS ERASMUS+

11/12/2019 00:00
13/12/2019 00:00
Europe/Madrid

Unha vez levadas a cabo as reunións informativas o 5 e o 13 de novembro, ábrese o prazo para solicitar a participación nas mobilidades Erasmus + que oferta o centro para este curso.

Aquelas persoas interesadas deberás poñerse en contacto con Adrián López ou con José María López entre os días 11, 12 e 13 de decembro, co fin de elaborar a lista definitiva de participante, xestionar a documentación e trámites oportunos e realizar o proceso de selección.

Unha vez publicada a lista definitiva das persoas seleccionadas, dispóñense de cinco (5) días para interpoñer as posibles reclamacións ante o devandito proceso.

Todas as solicitudes que se comuniquen fóra de prazo serán rexeitadas.

Probas libres 2019. Bibliografía

Se estás interesado en presentarte ás probas libres nalgún dos módulos que impartimos no @CifpPortadaAuga aquí podes consultar a bibliografía para preparar cada unha das probas. 

Para máis información podes acudir ao departamento de información e orientación profesional. 

 A continuación se expoñen a bibliografia para cada unha das familias profesionais.

Podes visualizala ou descargala en pdf pinchando no icono da familia:

Formación para Emprego:Xornadas de Fibra óptica

O Departamento de Electricidade organiza unhas xornadas de 4 días sobre o emprego da fibra óptica en Instalacións de redes de datos e de Infraestructuras de telecomunicación en edificios de viviendas.

Estas xornadas van dirixidas a traballadores en activo. As datas de celebración serán o 26 de Maio, o 3, 4 e o 5 de xuño en horario dende as 6:30h ata as 9:30h. O Programa das mesmas podes descargalo AQUI.

 

Para poder asisitir a estas xornadas é necesario facer unha pre-inscripción.

Comunicamos que xa non existen prazas por superar máis de 20 pre-inscricións  inicialmente previstas como máximo

Para consultar a lista de participantes inscritos preme aqui

( categories: )
Distribuir contido