Servizos socioculturais e á comunidade

IV XORNADA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL NO CIFP PORTA DA AUGA

O CIFP Porta da Auga rematou o ano 2019 celebrando a IV Xornada da Diversidade Funcional organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade: grazas ás asociacións Entrecanes (Oviedo), ADACE (Lugo) e á Fundación Eu Son (Burela) por compartir as vosas experiencias e coñecementos con nós!

Resumo de actividade do último trimestre nas que participou o alumnado do CIFP do CS Educación Infantil

Achegamos unha pequena mostra das actividades nas que participou o alumnado de 1ºdo CS de Educación Infantil.

Dentro do programa Apego de Ribadeo, coa participación dos maiores e persoal do  Centro de Día A Concordia e os nenos e nenas da  Escola Infantil Nosa Señora do Campo, comezaron no mes de marzo as sesións de Os anos que achegan, un espazo común onde  nenas, nenos e persoas maiores de comparten e interaccionan tendo a transmisión do noso idioma como fío condutor. Fomos invitados e invitadas  a participar apoiando as sesións que se están a desenvolver no Centro de Día de Ribadeo. Deixámosvos unha foto da primeira sesión.

 

 

 

 

 

Outras das actividades que se veñen desenvolvendo todos os cursos é a visita ao Colexio da Capela para asistir a unha sesión de xogo tradicional guiada polos alumnos máis pequenos desta escola. Aproveitamos a visita para coñecer este cole e tamén o seu pequeno museo de xoguetes africanos.

 

 

 

Recollemeos aquí tamén a participación do alumnado do ciclo  como noutros anos na festa do Correlingua.

 

 

 

Xornada da diversidade 2019

Mañá no CIFP Porta da Auga celebraremos a Xornada da Diversidade. Colaborarán co Departamento de Servizos á Comunidade a Asociación de

Axuda ao Enfermo Mental de A Mariña, Asociación Capaces Lugo e Asociación Down Lugo.

Visita ó Centro de día "A Concordia"

VISITA PARA COÑECER OS RECURSOS LOCAIS PARA A ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA.

 Un ano máis, e co fin de coñecer os recursos que ofrecen os Servizos Sociais do Concello de Ribadeo para a atención ás persoas en situación de dependencia, o alumnado de 1º curso do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, visitou, o luns, 16 de novembro, as diferentes instalacións que podemos atopar na zona atendendo aos diferentes perfís dos usuarios. Así, os alumnos/as, ademais de asistir a unha charla introdutoria, tiveron a oportunidade de achegarse á realidade neste ámbito coñecendo o  Centro de Día “ A Concordia”, a vivenda comunitaria e a Residencia para persoas maiores, da man de persoal do concello e dos propios responsables de cada unha das instalacións.

 

Proxección da película "Galatasaray-Depor"


O vindeiro xoves 18 de xuño dentro da programación do ciclo de cinema galego “Ribafilm” proxectarase o filme Galatasaray – Depor ás 20:00 h no salón de actos do CIFP PORTA DA AUGA e levada a cabo polo alumnado do Curso de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais.

Trátase dunha película dirixida por Hannes Stöhr e protagonizada por Luis Tosar, Victor Mosqueira, Marta Pazos, Manuel Cortés, Luidmila Tsvetkova entre outros actores recoñecidos internacionalmente onde, en clave de comedia,  se tratan as diferenzas culturais e lingüísticas dos europeos cun pano de fondo, o fútbol, que parece ser o que máis nos une a tódolos países europeos.

Durante a proxección ofrecerase flocos de millo a todo o público que o desexe.

 

Obradoiro de animación en stop motion

O 14 de maio o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil puido asistir a un obradoiro de animación en Stop Motion (técnica de animación audiovisual que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas); o traballo realizado foi moi completo, posto que os/as alumnos/as puideron iniciarse na modelaxe de figuras de plastilina e deseño de escenarios para logo introducirse na técnica de Stop Motion nun set composto por cámara fotográfica  e equipo informático. O resultado de tres horas de traballo non podía ser máis satisfactorio!!.

 

Visita ó CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela)

O pasado 7 de maio o alumnado do CS de Educación Infantil e do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia viaxou ata o Concello de A Capela, para visitar o CEIP Mosteiro de Caaveiro, de onde xorde o proxecto “Brinquedos”, adicado á recuperación e difusión do xogo tradicional. Alí os alumnos e alumnas puideron disfrutar dunha xornada dirixida polos propios nenos e nenas do CEIP, verdadeiros expertos en xogos tradicionais, así como tamén visitar o seu propio museo do xoguete. Para completar a xornada e aproveitar todos os recursos que ofrece a zona, realizouse ademais unha visita ó Museo Etnográfico de A Capela e un roteiro polas Fragas do Eume.

Correlingua 2015

O alumnado de 1º curso do ciclo formativo de grao superior en Educación Infantil, coa coordinación da profesora Puri Ferreiro, participou activamente no Correlingua 2015, celebrado o 5 de maio en Ribadeo. Estivo encargado de organizar o fotocall e tamén de levar a cabo actividades de animación –como se pode ver nas imaxes– co alumnado da etapa de Educación Infantil dos CEIPs participantes; actividade necesaria, xa que os nenos e nenas máis pequenas non participan na carreira. A xornada foi proveitosa, tanto polo que ten de reivindicación da Lingua como que lles permitiu traballar directamente coas nenas e nenos.

Axuda ó Nepal

O alumnado de 1º do CS de Educación Infantil, está a realizar unha campaña solidaria en favor de todas as nenas e nenos damnificadas na catástrofe de Nepal. Durante os recreos venden diversos postres realizados por eles e elas mesmas. Animámovos a participar desta boa causa e a desfrutar dos nosos doces!

Distribuir contido