Electricidade e electrónica

Xornada formativa sobre fibra óptica na familia de Electricidade

O luns día 8 de Abril pola tarde celebrouse nos talleres de Electricidade do CIFP PORTA DA AUGA unha xornada de formación sobre FIBRA ÓPTICA. Esta xornada foi dirixida a alumnos dos ciclos de grado medio e de grado superior da familia de electricidade. Ase mesmo tamén asistiron alumnos do curso de FPE de montaxe e mantemento de instalación de megafonía e de circuito pechado de TV que se está a celebrar polas tardes nas mesmas instalacións. A charla foi impartida por persoal da Empresa DIGAMEL de Lugo a quen dende aquí lle queremos agradecer a súa colaboración.

En vindeiras datas o departamento de electricidade realizará una xornada sobre manexo de aparatos de medida para certificación e comprobacións de instalación eléctricas. Neste caso esta xornada será aberta e aparte de ir dirixida cara os alumnos do ciclo de  grado superior poderán asistir calquera profesional interesado no tema. Nesta xornada traballaremos con  equipos de medida da marca HT INSTRUMENTS recentemente adquiridos polo departamento.

 

 

 

 

xornadas de formación no curso de MEGAFONIA e de CCTV

CIFP PORTA DA AUGA DE RIBADEO

DEPARTAMENTO DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

Xornada presentación de productos de videovixilancia por CPTV  COMELIT

 

 

 

  O próximo día 20 de xuño o Departamento de ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA do CIFP PORTA DA AUGA DE RIBADEO dentro das actividades do CURSO DE MEGAFONÍA SONORIZACIÓN DE LOCAIS E INSTALACIÓNS DE CIRCUITO PECHADO DE TV (código ELES0109 nº106490)  organiza unha xornada de presentación de productos da Empresa COMELIT

 TEMAS:

·        Porteiros e videoporteiros automáticos

·        Control de accesos

·        Instalacións de circuito pechado  de TV

·        DOMÓTICA

 

Nova oferta modular de ciclo formativo de Grao Superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.Curso 2017/18

Para o vindeiro curso 2017-2018 impartiremos unha oferta modular de 4 módulos do CFGS Sistemas electrotécnicos e automatizadoda familia de Electricidade e Electrónica.

 

A oferta será dos módulos seguintes:

 

Modulo Profesional Nº horas Nº horas a semana Unidades de competencia asociadas
MP0523. Configuración de instalacións
domóticas e automáticas.
140h 5 • UC0829_3: desenvolver proxectos de instalacións eléctricas
de baixa tensión no ámbito de edificios de vivendas,
industrias, oficinas e locais de pública concorrencia.
• UC0830_3: desenvolver proxectos de instalacións eléctricas
de baixa tensión en locais de características especiais e
instalacións con fins especiais.
• UC0834_3: desenvolver proxectos de instalacións de iluminación
exterior.

 

 

MP0524. Configuración de instalacións eléctricas. 140h 5
MP0519. Documentación técnica en instalacións
eléctricas.
105h 3
MP0528. Empresa e iniciativa emprendedora. 53h 2

 Para coñecer o horario destes módulos pincha aquí.

AO ser unha oferta modular non é necesario matricularse dos 4 módulos. A matriculación nestas ensinanzas debe realizarse cubrindo a solicitude via web. Preme aquí.

 Máis información sobre matrículación e solicitude de praza aquí.

Oferta educativa DEPARTAMENTO DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

Ciclo grado medio en Instalacións eléctricas  e automáticas

Presentacións-resumo da programación de cada módulo profesional:

Automatismos e

cadros eléctricos 

 

Electrónica

 

 

 

 

  Currículo  (ver resumo) 

 

FP PARA O EMPREGO DIRIXIDA A TRABALLADORES EN DEMANDA DE EMPLEO: (Nivel 2) 

Montaxe e mantemento de Instalacións solares fotovoltaicas (ano 2014)

DATA DE INICIO .- 10 DE FEBREIRO
DATA DE REMATE.-  11  DE XULLO
HORARIO.- 16:00 H A 22:00  H (6 HORAS DÍA)
PRÁCTICAS EN EMPRESA–horario de empresa (8 HORAS DÍA)
TEMPORALIZACIÓN .- Meses de, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo. 
 Programa (ver)  Módulos (ver)

 

FP PARA O EMPREGO DIRIXIDA A TRABALLADORES EN ACTIVO: (26 de maio, 3,4 e 5 de xuño)

Curso de FIBRA OPTICA 

Orientado as Instalacións de oficinas, Centros de reunións e locais comerciais.

Infraestructuras Comúns de Telecomunicación nos edificios de viviendas

  

 

 

 
Distribuir contido