Iniciar sesión |
Departamento de Información e Orientación ProfesionalDepartamento de OrientaciónBenvidos ao Departamento de Información e Orientación Profesional do centro. Este departamento está formado por: Ø A orientadora, xefa do departamento. Ø A coordinadora de emprendemento, xefa do departamento de FOL. Ø E un profesor de cada familia profesional que existe no centro: Transporte e Mantemento de Vehículos, Electricidade e Electrónica, Edificación e Obra Civil, Administración e Xestión e Servizos Socioculturais e á Comunidade. As competencias deste departamento son:
Para recibir información ou aclarar calquera dúbida, poden acudir ao departamento, poñerse en contacto coa orientadora (Marta) mediante o teléfono 982128894 ou na seguinte dirección orientacion.cifp.portadaauga@edu.xunta.es Tamén podes consultar noticias relacionadas co departamento as cales publicarémolas regularmente na sección de anuncios seguinte: http://centros.edu.xunta.es/cifpportadaauga/galego/taboleiro_anuncios.php Probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio
Publicada a listaxe provisional de cualificacións nas probas de acceso a ciclos medios. Para acceder a listaxe, premer aquí. Período de reclamación, dende o día 15 ao 17 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición. Modelo de reclamación contra as cualificacións provisorias.
( categories: )
Obradoiro eleccións profesionaisO pasado venres 8 de Maio, no CIFP Porta da Auga, tivo lugar un obradoiro no que a través das propias ensinanzas impartidas no CIFP, pretendeuse traballar sobre a igualdade de xénero. Esta actividade , ao igual que outras que xorden na Mesa Intersectorial de Violencia de Xénero na que participamos os centros de ensino do Municipio, contou dende o primeiro momento co apoio do equipo directivo. Xa que somos conscientes de que para que a igualdade entre homes e mulleres sexa posible, un dos obxectivos que como sociedade e como educadores/as temos que perseguir é promover o acceso igualitario ao mundo laboral e, por ende, á formación previa até chegar a el. Tanto a lexislación europea coma o marco normativo que actualmente nos rexe, establecen que a Formación Profesional “comprende un conxunto de accións formativas que capacitan para o desempeño cualificado das profesións, o acceso ao emprego e a participación activa na vida social, cultural e económica.(…)” Asemade, marcan coma obxectivos a consecución do desenvolvemento integral da persoa á marxe dos estereotipos e dos papeis en función do sexo, o rexeitamento de toda forma de discriminación e a garantía dunha orientación académica e profesional non condicionada polas diferenzas sexuais. Mais alá de seguir unha normativa, e partindo do noso sentir, decidimos levar a acabo esta Obradoiro, que tratou de favorecer o achegamento do alumnado aos diferentes estudos e axudar a que poidan facer a súa escolla profesional coa menor cantidade de sesgos posibles. Evitando que o alumnado pense que hai profesións mais de chicos e outras de chicas. Neste obradoiro contamos coa participación dun grupo de alumnos/as de 3º e 4º da ESO e profesorado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, e do 1º curso do C.M. de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do C.S. de Automoción, os cales grazas a su bo facer, o traballo, implicación e apoio continuo dos titores e a profesora do módulo de Atención Sanitaria, conseguiron que chicos e chicas experimentaran tarefas e actividades propias de ámbalas dúas ensinanzas, dentro dun ambiente ameno, colaborativo, sensible, e respectuoso coas persoas e os traballos a desenvolver.
( categories: )
Actividade igualdade de xéneroO pasado mércores 4 de Febreiro, a Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno de Lugo, Ana Belén Pacio Rodríguez, foi a encargada de impartir no salón de actos do CIFP Porta da auga unha conferencia para afondar sobre a igualdade de xénero e a violencia de xénero. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivos principais sensibilizar ao noso alumnado contra a violencia de xénero e os estereotipos sexistas, así como detectar, previr e ou denunciar situacións de risco.
Acceso ás Forzas Armadas
O pasado Xoves 29 de Xaneiro 2015, o noso centro tivo a oportunidade de disfrutar da visita das Forzas Armadas. Na charla a cargo de Jesús Longarela da Subdelegación de Defensa de Lugo tratáronse os sistemas de acceso para as escalas de tropa e marinería, Sub-oficiales e Oficiales. Características dos postos de traballo, formación permanente e específica, estudos universitarios, asi como detalles da recentemente publicada convocatoria 2015. Esta charla presentase como unha opción laboral máis, destacando a profesionalidade do relator adaptándose aos diferentes niveis educativos, así como as súas necesidades e características. Ademais houbo un tramo de rogos e preguntas na que o alumnado tivo a posibilidade de realizar cuestións de interese particular ao respecto.
Charla Primeiros auxiliosACTIVIDADE CHARLA SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS PONENTE: Raúl González- Redondo Ares. Técnico de deportes do concello de Mondoñedo. DÍAS: 11 e 12 de decembro. Lugar:Salón de actos. Cuestionarios de intereseCuestionarios que podes descargar e que che poden axudar: (necesario excel ou similar) |
Comisión de Convivencia
Eventos
|