Iniciar sesión |
VISITA AOS XULGADOS DO SOCIAL DE LUGO (CICLOS XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)O luns 10 de febreiro, o alumnado de 2º curso de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de 2º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas realizou a programada actividade complementaria á formación (ACF) Visita aos Xulgados do Social de Lugo. En concreto puideron asistir a varios xuízos laborais. Un dos mesmos resultou de especial interese dada a importancia do tema, un despedimento improcedente, e a riqueza procesal da vista presenciada, na que, aparte da pertinente documentación presentada polas partes, se viron gravacións de vídeo e compareceron testemuñas, tanto por parte do traballador como da empresa, e dun perito experto no asunto en litixio. A actividade foi sumamente positiva, dado que se puideron ver claros exemplos prácticos de contidos estudados nas clases de Recursos Humanos, nomeadamente os relativos a contratación laboral e a causas de despedimento disciplinario. Agardamos agora con impaciencia a coñecer as respectivas sentenzas, que serán obxecto de análise e comentario en clase. A mañá completouse cun paseo pola zona centro da cidade amurallada, despois do cal se iniciou o regreso ao noso centro. ( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|