Iniciar sesión |
Saidas Profesionais Familia Servizos a Comunidade
CICLO SUPERIOR DE EDUCACIÓN INFANTIL
A competencia xeral deste título consiste en deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal (0-3 anos), consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa (0 a 6 anos) no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.
Dito o anterior, podemos concluir que as educadoras e educadores infantís levarán a cabo a súa labor profesional tanto no ámbito educativo formal, coma no non formal a través dos seguintes perfís profesionais:
Ámbito non formal
Os perfís máis destacados neste ámbito son:
- Educadora ou educador en institucións ou en programas específicos de traballo con menores en situación de risco social - Educadora e educador en centros de lecer - Educadora e educador en ludotecas - Educadora e educador en bibliotecas - Educadora e educador en granxas escola - Educadora e educador en casas da cultura
Ámbito formal
- Educadora ou educador infantil en escolas infantís de 0 a 3 anos, tanto públicas coma privadas, exercendo a súa labor baixo a supervisión dun/dunha titulado/a na especialización de educación infantil (mestre/a) ou equivalente.
CICLO MEDIO DE ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA
Con carácter xeral, o perfil destes/as profesionais estará encamiñado a atender ás persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.
A continuación pódense observar de xeito máis concreto algunhas das ocupacións habituais destes profesionais:
- Coidador/ora de persoas en situación de dependencia en institucións e/ou domicilios - Coidador/ora en centros de atención psiquiátrica, - Xerocultor/ora - Gobernante/a e subgobernante/a en Institucións para persoas en situación de dependencia - Auxiliar responsable de planta de residencias de maiores e persoas con discapacidade - Auxiliar de axuda a domiclio - Asistente de atención domiciliaria -Traballador/ora familiar - Auxiliar de educación especial - Asistente persoal -Teleoperador/ora de teleasistencia. |
Comisión de Convivencia
|