Funcións do coordinador/a TIC
- Colaborar na implantación, no desenvolvemento e no mantemento dos recursos tecnológicos do centro, e nos programas de formación do profesorado.
- Fomentar a participación do profesorado do centro na creación de proxectos e actividades de I+D+I, co uso das novas tecnoloxías e a súa difusión no centro.
- Establecer relacións con administracións, entidades, empresas e institucións para o desenvolvemento de actividades ou proxectos relacionados coas novas tecnoloxías.
- Promover e coordinar a elaboración e a actualización da páxina web do centro.
- Establecer canles para a difusión e o intercambio de experiencias, proxectos e información con outros centros.
- Colaborar coa xefatura da área de administración e xestión na xestión e no mantemento dos recursos dispoñibles, así como na adquisición de equipamento.
- Velar polo mantemento das instalacións e do equipamento informático do centro.
- Realizar propostas para o establecemento das normas de uso das tecnoloxías da información dispoñibles no centro.
- Promover a biblioteca como un espazo común, de uso e intercambio de experiencias das tecnoloxías da información e da comunicación, en colaboración coa persoa encargada da coordinación da biblioteca do centro integrado.
- Apoiar o profesorado na integración das TIC nos programas formativos.
- Aqueloutras funcións que lle asigne a xefatura do departamento de calidade e innovación, dentro do seu ámbito de actuación.
Coordinador T.I.C. Julio Lòpez Lombardero