Obradoiro de comunicación on line

OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN ON LINE (16/03/16)
Os alumnos de 2º do C.M. de Xestión Administrativa xunto cos de 1º do C.S. de Administración e Finanzas participaron nun obradoiro sobre “Comunicación online para empresa” o día 16 de Marzo, impartido por Blanca Díaz Reimunde.
O obxectivo deste obradoiro e que o alumnado coñeza as posibilidades que achega o emprego correcto das redes sociais no ámbito profesional, os medios máis axeitados para a creación de páxinas web e blogues de empresa, así como outras ferramentas de comunicación e marketing que lles resultarán moi útiles na súa vida laboral.