Representación da obra de teatro “O cazo de Sabela”

O pasado xoves 25 de febreiro no CIFP Porta da Auga programouse a obra de teatro "O cazo de Sabela", a cargo dos/as usuarios/as e profesionais da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental da Mariña, unha obra que trata de facer visible a realidade da enfermidade mental e sensibilizar á sociedade ó redor dela eliminando estigmas e partindo dende as capacidades e potencialidades de cada persoa.