Iniciar sesión |
Actividades complementarias Servicios Socioculturais e á comunidade
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á FORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE NO CURSO 2016/17
Ao longo do curso 2016/2017 o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade realizou unha serie de intereseantes actividades para complementar a formación do alumnado dos ciclos correspondentes á nosa familia profesional e, ao mesmo tempo, facer partícipes de moitas delas ao resto da comunidade educativa.
------------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------------
Dende o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade queremos agradecer a participación e colaboración a todas aquelas persoas e institucións que fixeron posible que estas actividades se levasen a cabo, e deste xeito, axudaron a enriquecer o proceso formativo do alumnado e o profesorado do noso centro. Moitas Grazas. ------------------------------------------------------------------------------------------------------ ------------------------------------------------------------------------------------------------------ ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á FORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE 2015/16 O pasado xoves día 5 de maio o alumnado do 1º curso do CS de Educación Infantil achegouse a Burela para colaborar no Correlingua, onde realizaron diversas actividades dirixidas ós nenos e nenas dos centros educativos da zona da Mariña que participaron este ano. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- O pasado venres día 29 de abril o alumnado de 1º do CS de Educación Infantil visitou as escolas infantís de Burela, Foz e Mondoñedo, onde aproveitaron para contar contos dramatizados ós nenos e nenas. --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Visita Ao Centro de Día de AFALU e ao Centro Residencial San Vicente de Paúl O martes, 15 de marzo, o alumnado de 1º 2º do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, achegouse ata Lugo para coñecer de primeira man o Centro de Día da Asociación de familiares de Enfermos de Alzheimer ( AFALU) e o Centro Residencial Asistencial e Ocupacional San Vicente de Paúl, adicado á atención e educación de persoas con discapacidade. En cada un dos centros, alumn@s e profesores tiveron a oportunidade de coñecer un recurso directamente asociado aos contidos do ciclo dende unha perspectiva global e nun contexto eminentemente práctico, onde se valorou, particularmente, a implicación dos traballadores na atención aos usuari@s.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO “O CAZO DE SABELA” A CARGO DA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL DA MARIÑA. O vindeiro xoves 25 de febrero teremos o pracer de contar coa visita dos profesionais e usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental da Mariña, que representarán a peza teatral “O cazo de Sabela” no salón de actos. A representación terá comezo ás 11:30 horas. --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROGRAMA ACTIVAMENTE Dende o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade do CIFP Porta da Auga, estase a desenvolver o Programa Activamente, un programa adicado á estimulación cognitiva do colectivo de persoas maiores, integrado no Proxecto Lugo Emprende e dirixido polo propio alumnado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
Neste programa participan 12 persoas maiores de 55 anos con interese en mellorar as súas capacidades cognitivas (memoria, percepción, atención, etc.)
As actividades que nel se plantexan estanse a desenvolver e ó longo deste mes de febreiro, rematando o vindeiro martes 1 de marzo. ------------------------------------------------------------------------------------------------------ OBRADOIRO DE CONTACONTOS O martes 16 de febreiro una vez máis contamos coa presenza de Bea Campos, contacontos, actriz e directora teatral, e David, que impartiron un obradoiro de contacontos para o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil. Durante dúas horas e media, falounos de como enfrontarse á preparación dun conto para contar, dende escollelo ata contalo, a disposición do contacontos, onde contar, relaxar, coñecer e desbloquear o corpo. Todo isto intercalando contos e cantos, que fixo que o traballo se convertera en lecer. ------------------------------------------------------------------------------------------------------- O alumnado de 1º de Educación Infantil e 1º de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitaron o día 28 de xaneiro o Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo. Participaron nun obradoiro sobre Cómo aforrar nas compras, onde traballaron fundamentalmente a importancia do consumo responsable e pautas para favorecelo. Analizaron a influencia da publicidade no consumo e as técnicas de venta más comunmente empregadas para favorecer a compra por impulso. --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O CFGM de atención a persoas en situación de dependencia realizou unha saída pedagóxica para visitar a residencia para persoas maiores GERIATROS de Viveiro e a residencia para enfermos mentais de Cervo.
I SEMANA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL NO CIFP PORTA DA AUGA -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- O pasado venres, 27 de novembro, o alumnado do segundo curso do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do segundo curso do Ciclo Superior de Técnico en Educación Infantil, asistiron a un obradoiro sobre Soporte Vital Básico, desfibrilación e actuación en atragoamentos. -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- VISITA PARA COÑECER OS RECURSOS LOCAIS PARA A ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA. Un ano máis, e co fin de coñecer os recursos que ofrecen os Servizos Sociais do Concello de Ribadeo para a atención ás persoas en situación de dependencia, o alumnado de 1º curso do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, visitou, o luns, 16 de novembro, as diferentes instalacións que podemos atopar na zona atendendo aos diferentes perfís dos usuarios. Así, os alumnos/as, ademais de asistir a unha charla introdutoria, tiveron a oportunidade de achegarse á realidade neste ámbito coñecendo o Centro de Día “ A Concordia”, a vivenda comunitaria e a Residencia para persoas maiores, da man de persoal do concello e dos propios responsables de cada unha das instalacións.
CHARLA DUN GRUPO DE ALUMNAS DA PRIMEIRA PROMOCIÓN O xoves, 5 de novembro, un grupo de antigas alumnas da primeira promoción do CM ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA, volveu ás aulas do Porta da Auga para contar aos grupos que cursan o ciclo actualmente, a súa experiencia no eido laboral. O seu testemuño aportou unha visión especialmente próxima ao alumnado actual, e todos os presentes tiveron a oportunidade de compartir impresións en relación á realidade educativa e ás particularidades do traballo nos diferentes ámbitos da atención ás persoas en situación de dependencia.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------- O vindeiro xoves 18 de xuño dentro da programación do ciclo de cinema galego “Ribafilm” proxectarase o filme Galatasaray – Depor ás 20:00 h no salón de actos do CIFP PORTA DA AUGA e levada a cabo polo alumnado do Curso de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais. Trátase dunha película dirixida por Hannes Stöhr e protagonizada por Luis Tosar, Victor Mosqueira, Marta Pazos, Manuel Cortés, Luidmila Tsvetkova entre outros actores recoñecidos internacionalmente onde, en clave de comedia, se tratan as diferenzas culturais e lingüísticas dos europeos cun pano de fondo, o fútbol, que parece ser o que máis nos une a tódolos países europeos. Durante a proxección ofrecerase flocos de millo a todo o público que o desexe.
O 14 de maio o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil puido asistir a un obradoiro de animación en Stop Motion (técnica de animación audiovisual que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas); o traballo realizado foi moi completo, posto que os/as alumnos/as puideron iniciarse na modelaxe de figuras de plastilina e deseño de escenarios para logo introducirse na técnica de Stop Motion nun set composto por cámara fotográfica e equipo informático. O resultado de tres horas de traballo non podía ser máis satisfactorio!!.
O pasado 7 de maio o alumnado do CS de Educación Infantil e do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia viaxou ata o Concello de A Capela, para visitar o CEIP Mosteiro de Caaveiro, de onde xorde o proxecto “Brinquedos”, adicado á recuperación e difusión do xogo tradicional. Alí os alumnos e alumnas puideron disfrutar dunha xornada dirixida polos propios nenos e nenas do CEIP, verdadeiros expertos en xogos tradicionais, así como tamén visitar o seu propio museo do xoguete. Para completar a xornada e aproveitar todos os recursos que ofrece a zona, realizouse ademais unha visita ó Museo Etnográfico de A Capela e un roteiro polas Fragas do Eume.
|
Comisión de Convivencia
|