Proxección da película "Galatasaray-Depor"


O vindeiro xoves 18 de xuño dentro da programación do ciclo de cinema galego “Ribafilm” proxectarase o filme Galatasaray – Depor ás 20:00 h no salón de actos do CIFP PORTA DA AUGA e levada a cabo polo alumnado do Curso de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais.

Trátase dunha película dirixida por Hannes Stöhr e protagonizada por Luis Tosar, Victor Mosqueira, Marta Pazos, Manuel Cortés, Luidmila Tsvetkova entre outros actores recoñecidos internacionalmente onde, en clave de comedia,  se tratan as diferenzas culturais e lingüísticas dos europeos cun pano de fondo, o fútbol, que parece ser o que máis nos une a tódolos países europeos.

Durante a proxección ofrecerase flocos de millo a todo o público que o desexe.