Obradoiro de animación en stop motion

O 14 de maio o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil puido asistir a un obradoiro de animación en Stop Motion (técnica de animación audiovisual que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas); o traballo realizado foi moi completo, posto que os/as alumnos/as puideron iniciarse na modelaxe de figuras de plastilina e deseño de escenarios para logo introducirse na técnica de Stop Motion nun set composto por cámara fotográfica  e equipo informático. O resultado de tres horas de traballo non podía ser máis satisfactorio!!.