Iniciar sesión |
Obradoiro eleccións profesionaisO pasado venres 8 de Maio, no CIFP Porta da Auga, tivo lugar un obradoiro no que a través das propias ensinanzas impartidas no CIFP, pretendeuse traballar sobre a igualdade de xénero. Esta actividade , ao igual que outras que xorden na Mesa Intersectorial de Violencia de Xénero na que participamos os centros de ensino do Municipio, contou dende o primeiro momento co apoio do equipo directivo. Xa que somos conscientes de que para que a igualdade entre homes e mulleres sexa posible, un dos obxectivos que como sociedade e como educadores/as temos que perseguir é promover o acceso igualitario ao mundo laboral e, por ende, á formación previa até chegar a el. Tanto a lexislación europea coma o marco normativo que actualmente nos rexe, establecen que a Formación Profesional “comprende un conxunto de accións formativas que capacitan para o desempeño cualificado das profesións, o acceso ao emprego e a participación activa na vida social, cultural e económica.(…)” Asemade, marcan coma obxectivos a consecución do desenvolvemento integral da persoa á marxe dos estereotipos e dos papeis en función do sexo, o rexeitamento de toda forma de discriminación e a garantía dunha orientación académica e profesional non condicionada polas diferenzas sexuais. Mais alá de seguir unha normativa, e partindo do noso sentir, decidimos levar a acabo esta Obradoiro, que tratou de favorecer o achegamento do alumnado aos diferentes estudos e axudar a que poidan facer a súa escolla profesional coa menor cantidade de sesgos posibles. Evitando que o alumnado pense que hai profesións mais de chicos e outras de chicas. Neste obradoiro contamos coa participación dun grupo de alumnos/as de 3º e 4º da ESO e profesorado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, e do 1º curso do C.M. de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do C.S. de Automoción, os cales grazas a su bo facer, o traballo, implicación e apoio continuo dos titores e a profesora do módulo de Atención Sanitaria, conseguiron que chicos e chicas experimentaran tarefas e actividades propias de ámbalas dúas ensinanzas, dentro dun ambiente ameno, colaborativo, sensible, e respectuoso coas persoas e os traballos a desenvolver.
( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|