Correlingua 2015

O alumnado de 1º curso do ciclo formativo de grao superior en Educación Infantil, coa coordinación da profesora Puri Ferreiro, participou activamente no Correlingua 2015, celebrado o 5 de maio en Ribadeo. Estivo encargado de organizar o fotocall e tamén de levar a cabo actividades de animación –como se pode ver nas imaxes– co alumnado da etapa de Educación Infantil dos CEIPs participantes; actividade necesaria, xa que os nenos e nenas máis pequenas non participan na carreira. A xornada foi proveitosa, tanto polo que ten de reivindicación da Lingua como que lles permitiu traballar directamente coas nenas e nenos.