Actividade do Departamento de Electricidade

O Departamento de Electricidade e Electrónica ven de organizar unha actividade consistente nunha charla sobre a situación do sector relacionado coa Electricidade, máis concretamente sobre a situación actual das Empresas Instaladoras de Electricidade e Telecomunicacións,  da comarca de influencia do Centro Integrado de Ribadeo. Esta reunión celebrouse o pasado venres 17 de abril nun establecemento de hostalería de Ribadeo as 8:30 da tarde.

A reunión foron invitados antigos alumnos que remataron os seus estudios no ciclo de Electricidade no noso Centro Integrado nos últimos 8 anos así como tamén se invitaron a Empresas cuxos Instaladores autorizados fixeron estudios no noso Centro.

Na charla participaron a Asociación de Instaladores Electricistas da Provincia de Lugo (APIEL) , así como a Asociación Empresarial de Instalacións Eléctricas y Telecomunicacións de Asturias (INELTAS). Por parte de APIEL participou D. Eduardo Fernández Vila que é o presidente da citada Asociación. Por parte de INELTAS participou D. Guzmán Fernández López. A charla estivo presentada e presidida pola directora do CIFP Dª Beatriz Dobaño.

 Aparte da charla pasouse un pequeno cuestionario os antigos alumnos asistentes co gallo de coñecer a situación laboral actual así como opinións entorno a formación recibida no Centro. Tamén se lles preguntou por necesidades de formación continua.

 

 

( categories: )