Iniciar sesión |
Charla sobre Riscos de Internet
O pasado mércores, 8 de Abril, o alumnado de Primeiros Cursos de Ciclos Medios e Superiores do noso CIFP, asistiron no salón de actos do centro a unha conferencia para afondar sobre os Riscos de Internet, a cargo do formador da Garda Civil, Ramón Peña. Nela explicarónse cales son os perigos do uso indebido das redes sociais e dos programas de comunicación on line. Esta actividade enmarcada no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, ten como obxectivos principais, por unha banda, concienciar ao alumnado sobre a necesidade de incluir na súa rutina diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa intimidade e información persoal, e por outra, evitar prácticas que, aínda por descoñecemento, podan derivar nun delito. Ao longo da conferencia, de dúas horas de duración, o alumnado amosou unha actitude participativa, consultando as cuestións que lles ían xurdindo ao escoitar as experiencias do relator. ( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|