Iniciar sesión |
Saidas ProfesionaisCM DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA SAÍDAS PROFESIONAIS CONTORNO PROFESIONAL E DE TRABALLO Finalizado o Ciclo Medio de Xestión Administrativa pódese optar a un posto de auxiliar administrativo, tanto na empresa privada como na Administración pública. Todas as empresas precisan do traballo administrativo e o título de Técnico en Xestión Administrativa capacita para traballar en:
OCUPACIÓNS OU POSTOS DE TRABALLO MÁIS RELEVANTES: · Auxiliar administrativo/a. · Axudante de oficina. · Auxiliar administrativo/a de cobros e pagos. · Administrativo/a comercial. · Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal. · Auxiliar administrativo/a das administracións públicas. · Recepcionista. · Empregado/a de atención á clientela. · Empregado/a de tesouraría. · Empregado/a de medios de pago. Ciclo Superior de Administración e Finanzas SAÍDAS PROFESIONAIS CONTORNO PROFESIONAL E DE TRABALLO As persoas que rematen os estudos do ciclo formativo de grao superior correspondente a titulación de técnico superior en administración e finanzas poderán exercer a súa actividade en calquera tipo de empresa, así como nas Administracións públicas, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc. OCUPACIÓNS OU POSTOS DE TRABALLO MÁIS RELEVANTES: · Administrativo/a de oficina ou despacho profesional. · Administrativo/a comercial. · Administrativo/a financeiro/a. · Administrativo/a contable. · Administrativo/a de loxística. · Administrativo/a de banca e de seguros. · Administrativo/a de recursos humanos. · Administrativo/a da Administración pública. · Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías. · Técnico/a en xestión de cobros. · Responsable de atención á clientela. |
Comisión de Convivencia
Eventos
|