Visita á Cruz vermella e á Residencia de maiores Sanitas ( A Coruña)

O pasado mércores, 25 de Marzo, os alumnos e alumnas  que cursan o  CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, realizaron unha viaxe á Coruña enmarcada no  programa de actividades complementarias á propia formación no Centro. Así, visitaron a Cruz Vermella, onde tiveron a oportunidade de ver a central de teleasistencia, o Centro de día e o funcionamento da ambulancia asistencial. Xa pola tarde, achegáronse á residencia de maiores Sanitas, co fin de coñecer as últimas innovacións no desenvolvemento de programas destinados a mellorar a calidade de vida das persoas con algún tipo de demencia.  Os alumnos do ciclo Atención a persoas en situación de dependencia teñen un módulo directamente relacionado coa teleasistencia, de aí que resultara particularmente útil coñecer o servizo dende a propia realidade do traballo día a día.