Día Internacional da Muller Traballadora

            O pasado martes 24 de marzo o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Técnico en Educación Infantil, do CIFP Porta da Auga,  realizaron unha actividade co galo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora,  para os centros educativos do Concello de Ribadeo, mediante a coordinación do CIM do concello de Ribadeo.

             A actividade consistiu na realización dun contacontos e diversas actividades relacionadas coa coeducación e a educación a nenos e nenas en igualdade dende as diferencias individuais de cada persoa.

 

Dentro deste ciclo son moitas as referencias nos obxectivos, criterios de avaliación e contidos a este tema pois entendemos que un xeito de participar nun cambio cara unha sociedade non sexista, comeza por formar aos futuros profesionais do ámbito socioeducativo para que tenten  rachar con esa suposta igualdade, que hoxe en día non resulta ser tal e que, por exemplo, na escola fai que ainda perduren elementos que reproducen e perpetúan o sexismo e as diferencias entre os futuros homes e mulleres que formarán a nosa sociedade.

A actividade foi todo un éxito para alumnado e profesorado dos tres centros: CEIP Gregorio Sanz, Colexio Sagrado Corazón e CIFP Porta da Auga, o que seguro que conleva novas colaboracións.