Visita Ao Centro de Día de AFALU e ao CIFP Politécnico de Lugo

Visita Ao Centro de Día de AFALU e ao CIFP Politécnico de Lugo

 O xoves, 19 de marzo, o alumnado de 2º do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia achegouse ata Lugo para coñecer de primeira man o Centro de Día da Asociación de familiares de Enfermos de Alzheimer ( AFALU) e a aula de Teleasistencia do CIFP Politécnico. No Centro de Día, alumn@s e profesores tiveron a oportunidade de coñecer un recurso directamente asociado aos contidos do Ciclo dende unha perspectiva global e nun  contexto eminentemente práctico, onde se valorou, particularmente, a implicación dos traballadores na atención aos usuari@s. Por outra banda, a visita ao CIFP Politécnico, onde se imparte o mesmo ciclo que aquí, no Porta, resultou especialmente interesante ao ofertar unha sesión práctica relacionada co módulo de Teleasistencia. Neste caso, o alumnado puido contextualizar os coñecementos adquiridos a través dunha aplicación que permite atender e xestionar chamadas telefónicas de persoas en situación de dependencia, co fin de achegarse o máximo posible a  realidade no seu ámbito laboral.