Iniciar sesión |
Charla organizada polo Dpto de Información e Orientación profesional
Continuando na liña de anos anteriores o noso centro contou onte cunha charla informativa e preventiva sobre Drogas enmarcada dentro do “Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos” impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Esta charla é a primeira deste curso escolar 2014-2015 e estará seguida por outras charlas informativas/formativas os días 4 de febreiro e 24 de marzo sobre Violencia de xénero e Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía) Estas actuacións teñen a finalidade de favorecer a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros.
( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|