Visita á residencia de maiores de burela e ao fogar residencial "Conchita" de Vilaoudrid

Visita á residencia de maiores de burela a ao fogar residencial “ conchita” de Vilaoudrid

 

O luns, 15 de decembro, os alumnos e alumnas do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, visitaron a Residencia de maiores de Burela e o Fogar residencial “Conchita”,  en Vilaoudrid - A Pontenova. Aínda que os dous centros teñen como obxectivo procurar a maior calidade de vida das persoas maiores que, por diversas circunstancias, non poden ou non queren permanecer no seu  fogar, cada un deles presta os seus servizos en contextos moi diferentes; “ Conchita”,  oferta un máximo de 12 prazas nun establecemento case de carácter familiar nun entorno rural, mentres que a residencia de Burela, de titularidade pública, ten 88 usuarios e integra, ademais, un centro de día. Deste xeito, os alumn@s tiveron a oportunidade de achegarse á realidade que lles ocupa, coñecendo as diferentes modalidades de servizo  no ámbito da atención a persoas en situación de dependencia.