Iniciar sesión |
NormasHORARIO DA BIBLIOTECA : 8:30 a 15:00h. (Sempre que haxa profesorado dispoñible para a súa atención.)
NORMAS DA BIBLIOTECA* •Está prohibida a permanencia de alumnado na biblioteca sen a presenza de profesorado de garda ou que autorice esa permanencia facéndose responsable. •A biblioteca e un lugar de lectura, estudo e traballo, polo que débese gardar o maior silencio posible. E non se debe comer, beber ou xogar nela. •Non se deben tirar obxectos ao chan nin deixar papeis nas mesas. •Débese coidar o mobiliario, o equipamento informático e os fondos. •Os fondos e o mobiliario deben deixarse ben colocados despois de usalos. * Nota: O incumprimento destas Normas dará lugar a expulsión inmediata da Biblioteca e á sanción que corresponda.
SUXERENCIAS •Admítense todo tipo de suxestións para mellorar o funcionamento da Biblioteca, compra de fondos, actividades a organizar, concursos etc. •As suxestións faranse chegar por escrito ó profesor da Biblioteca ou a través do buzón SQR existente nesta mesma páxina.
CONSULTA E PRÉSTAMO DE LIBROS. •Os fondos da Biblioteca (libros , CD, DVD etc.) poden ser prestados a domicilio os membros da Comunidade Escolar debidamente identificados. (Excepto os excluídos deste servizo.) •Para poder consultar os fondos da biblioteca será necesario solicítalo o profesorado encargado. •Para poder sacar un libro o alumno ou alumna acreditará a súa identidade cun documento acreditativo (DNI, pasaporte etc,). E deberá estar dado de alta coma lector. •O período de préstamo será de 15 días naturais, prorrogables se non hai mais solicitantes. (A non devolución dará lugar á imposición das sancións que correspondan.) •Só se poden ter prestados 2 exemplares simultaneamente. • Hai que coidar os fondos que se levan en préstamo polo que hai que reparar , restituír ou pagar o material danado ou extraviado.
ORGANIZACIÓN •A Biblioteca está distribuída en catro seccións: zona xeral de lectura , zona ordenadores , zona de departamentos e zona de xestión da Biblioteca** e ordenador de profesores. •Os fondos na zona xeral de lectura están colocados por materias segundo a Clasificación Decimal Universal (CDU)** ; na zona asignada ós departamentos están os libros aportados por cada departamento, nos armarios correspondentes. •Na etiqueta dos libros figuran tres referencias: 4781 Número do rexistro BEC Primeiro apelido do autor rim Título do libro (Só aparecen as tres primeiras letras dos apelidos e dos títulos dos libros.) Este libro estaría no estante de literatura-poesía castelá (CDU 8), con Nº de Rexistro 4781. O seu autor sería BECquer, Gustavo Adolfo. O seu título é ” rimas y leyendas” •Para encontrar un libro determinado na Biblioteca primeiro buscaríase a materia segundo CDU* e en segundo lugar estaría colocado por orden alfabético do primeiro apelido do autor. |
Comisión de Convivencia
Eventos
|