Samaín solidario

O samaín solidario do CIFP Porta da Auga:

O pasado xoves 30 de Outubro as alumnas e alumnos de Educación Infantil do CIFP Porta da Auga de Ribadeo realizamos un samaín solidario para a compra de artigos de primeira necesidade que os Servizos Sociais de Ribadeo repartirán entre as familias que máis o necesiten.

Plantexáronnos dende o equipo docente facer unha actividade pola data do Samaín, e ocorréusenos realizar un “samaín solidario”, pois hoxe en día, hai cada vez máis familias en situación de vulnerabilidade pola crise que estamos a vivir.

 A través de diversas aportacións entre alumnas/os e docentes fomos conseguindo diferentes postres e castañas, que se asaron no centro, para posteriormente poñer todo a venta. Con cada compra regalábamos unhas rifas para entrar nun sorteo, entre os que incluíamos un vale para dúas persoas para unha actividade de rafting e dous vales de compra para a cafetería do noso centro. Ademáis ambientamos o centro con motivo desta festa incluíndo un photocall coa mesma temática.

O día 5 de Novembro, reunímonos no Concello de Ribadeo coa Concelleira de Saúde e Servizos Sociais e o traballador social cos que acordamos invertir o diñeiro recadado en productos frescos para o banco de alimentos do concello, os cales serán mercados na Praza de Abastos do mesmo.

Dende o ciclo de educación infantil queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade coa que quedamos moi satisfeitas e esperamos poder realizar outras iniciativas con tan boa acollida durante o que resta de curso.