Formación profesional regrada: Ciclo Formativo Instalacións eléctricas e automáticas

Ciclo Formativo de GRADO MEDIO en Instalacións eléctricas e automáticas

Consta de 2000 horas a repartir en dous cursos. O derradeiro trimestre do 2º curso, consiste na realización de prácticas en empresas do sector.

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

 a) Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión, ELE257_2

  • UC0820_2. Montar e manter instalacións eléctricas de baixa tensión en edificios destinados principalmente a vivendas.
  • UC0821_2. Montar e manter instalacións eléctricas de baixa tensión en edificios comerciais, de oficinas e dunha ou de varias industrias.
  • UC0822_2. Montar e manter instalacións de automatismos no ámbito de vivendas e pequena industria.
  • UC0823_2. Montar e manter redes eléctricas aéreas de baixa tensión.
  • UC0824_2. Montar e manter redes eléctricas subterráneas de baixa tensión.
  • UC0825_2. Montar e manter máquinas eléctricas.

 b) Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios, ELE043_2, que abrangue as seguintes unidades de competencia:

  •  UC0120_2. Montar e manter instalacións de captación de sinais de radiodifusión sonora e televisión en edificios ou conxuntos de edificacións (antenas e vía cable).
  • UC0121_2. Montar e manter instalacións de acceso ao servizo de telefonía dispoñible ao público e instalacións de control de acceso (telefonía interior e videoportaría).

 Cualificacións profesionais incompletas:

a) Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas ENA261_2.

  •  UC0836_2. Montar instalacións solares fotovoltaicas.
  •  UC0837_2. Manter instalacións solares fotovoltaicas.

 As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Instalador/ora mantedor/ora electricista.
  • Electricista de construción.
  • Electricista industrial.
  • Electricista de mantemento.
  • Instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos.
  •  Instalador/ora mantedor/ora de antenas.
  • Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas.
  • Instalador/ora mantedor/ora de equipamentos e instalacións de telefonía.
  • Montador de instalacións de enerxía solar fotovoltaica.

Máis información en:

Sobre o ciclo formativo:http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpportadaauga/?q=system/files/ciclo-instalacions-electricas+e+automaticas.pdf

Curriculo completo do Ciclo Formativo de Instalacións eléctricas e automáticas : http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Curriculos/LOE/Electricidade%2C%20electr%C3%B3nica/CM%20Instalacions%20electricas%20automaticas.pdf

Sobre a familia profesional:Ciclos Familia profesional electricidade e electrónica

 

Ciclo Formativo de GRADO SUPERIOR en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.

 

Consta de 2000 horas a repartir en tres cursos. O derradeiro trimestre do 2º curso, consiste na realización de prácticas en empresas do sector.

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Xestión e supervisión da montaxe e o mantemento de instalacións eléctricas no ámbito de edificios, ELE382_3 (Real decreto 328/2008, do 29 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
– UC1180_3: organizar e xestionar os procesos de montaxe das instalacións eléctricas
no ámbito de edificios e con fins especiais.
– UC1181_3: supervisar os procesos de montaxe das instalacións eléctricas no ámbito
de edificios e con fins especiais.
– UC1182_3: organizar e xestionar os procesos de mantemento de instalacións eléctricas
no ámbito de edificios e con fins especiais.
– UC1183_3: supervisar os procesos de mantemento das instalacións eléctricas no ámbito
de edificios e con fins especiais.
b) Desenvolvemento de proxectos de instalacións eléctricas no ámbito de edificios e con fins especiais, ELE259_3 (Real decreto 1115/2007, do 24 de agosto), que abrangue as seguintes unidades de competencia:
– UC0829_3: desenvolver proxectos de instalacións eléctricas de baixa tensión no ámbito
de edificios de vivendas, industrias, oficinas e locais de pública concorrencia.
– UC0830_3: desenvolver proxectos de instalacións eléctricas de baixa tensión en locais
de características especiais e instalacións con fins especiais.
c) Xestión e supervisión da montaxe e o mantemento de redes eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior, ELE385_3 (Real decreto 328/2008, do 29 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1275_3: planificar e xestionar a montaxe e o mantemento de redes eléctricas de
baixa tensión e iluminación exterior.
– UC1276_3: supervisar e realizar a montaxe de redes eléctricas de baixa tensión e
iluminación exterior.
– UC1277_3: supervisar e realizar o mantemento de redes eléctricas de baixa tensión
e iluminación exterior.


Cualificacións profesionais incompletas:
Desenvolvemento de proxectos de redes eléctricas de baixa e alta tensión, ELE260_3
(Real decreto 1115/2007, do 24 de agosto):
– UC0831_3: desenvolver proxectos de redes eléctricas de baixa tensión.
– UC0833_3: desenvolver proxectos de instalacións eléctricas de centros de transformación.
– UC0834_3: desenvolver proxectos de instalacións de iluminación exterior.

 

 As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son as seguintes:

– Técnico/a en proxectos electrotécnicos.
– Proxectista electrotécnico/a.
– Proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para vivendas e edificios.
– Proxectista de instalacións de electrificación en baixa tensión para locais especiais.

– Proxectista de instalacións de iluminación exterior.
– Proxectista de liñas eléctricas de distribución de enerxía eléctrica en media tensión e
centros de transformación.
– Proxectista en instalacións de antenas e de telefonía para vivendas e edificios.
– Coordinador/ora técnico/a de instalacións electrotécnicas de baixa tensión para os
edificios.
– Técnico/a de supervisión, verificación e control de equipamentos e instalacións electrotécnicas
e automatizadas.
– Técnico/a supervisor/a de instalacións de iluminación exterior.
– Capataz de obras en instalacións electrotécnicas.
– Xefe/a de equipo de instalación de baixa tensión para edificios.
– Coordinador técnico de redes eléctricas de baixa tensión e iluminación exterior.
– Técnico/a en supervisión, verificación e control de equipamentos en redes eléctricas
de distribución en baixa tensión e iluminación exterior.
– Capataz de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación
exterior.
– Encargado/a de obras en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e iluminación
exterior.
– Xefe/a de equipo de instalación en redes eléctricas de distribución en baixa tensión e
iluminación exterior.
– Xestor/a do mantemento de instalacións eléctricas de distribución e iluminación exterior.

 

Máis información en:

Sobre o ciclo formativo:preme aquí.

volver

( categories: )