blogue dePORTA DA AUGA

Obradoiro de primeiros auxilios. Soporte vital básico.

Obradoiro de primeiros auxilios. Soporte vital básico.

 

O 27 de novembro de 2014 realízase en colaboración co persoal do 061 no Salón de actos do CIFP Porta da Auga o Obradoiro de primeiros auxilios. Soporte vital básico. Co obxectivo de aproximar ao alumnado do CF GM Atención as persoas en situación de dependencia e ao alumnado do CF GS Educación infantil aos procesos e protocolos da emerxencia e a adquisición de destrezas na realización dun SVB.

 

Visita á residencia de maiores de burela e ao fogar residencial "Conchita" de Vilaoudrid

Visita á residencia de maiores de burela a ao fogar residencial “ conchita” de Vilaoudrid

 

O luns, 15 de decembro, os alumnos e alumnas do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, visitaron a Residencia de maiores de Burela e o Fogar residencial “Conchita”,  en Vilaoudrid - A Pontenova. Aínda que os dous centros teñen como obxectivo procurar a maior calidade de vida das persoas maiores que, por diversas circunstancias, non poden ou non queren permanecer no seu  fogar, cada un deles presta os seus servizos en contextos moi diferentes; “ Conchita”,  oferta un máximo de 12 prazas nun establecemento case de carácter familiar nun entorno rural, mentres que a residencia de Burela, de titularidade pública, ten 88 usuarios e integra, ademais, un centro de día. Deste xeito, os alumn@s tiveron a oportunidade de achegarse á realidade que lles ocupa, coñecendo as diferentes modalidades de servizo  no ámbito da atención a persoas en situación de dependencia.

 

Visita ó Centro de Día “ A Concordia”

Coñecer os recursos locais para a atención a persoas en situación de dependencia:

Co fin de coñecer os recursos que ofrecen os Servizos Sociais do Concello de Ribadeo para a atención ás persoas en situación de dependencia, o alumnado de 1º curso do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, visitou, o xoves 13 de novembro, as diferentes instalacións que podemos atopar na zona atendendo ós diferentes perfís dos usuarios. Así, os alumnos/as, tiveron a oportunidade de achegarse á realidade neste ámbito, coñecendo  o  Centro de Día “ A Concordia”, a vivenda comunitaria e a Residencia para persoas maiores, da man de persoal do concello e  dos propios responsables de cada unha das instalacións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Samaín solidario

O samaín solidario do CIFP Porta da Auga:

O pasado xoves 30 de Outubro as alumnas e alumnos de Educación Infantil do CIFP Porta da Auga de Ribadeo realizamos un samaín solidario para a compra de artigos de primeira necesidade que os Servizos Sociais de Ribadeo repartirán entre as familias que máis o necesiten.

Plantexáronnos dende o equipo docente facer unha actividade pola data do Samaín, e ocorréusenos realizar un “samaín solidario”, pois hoxe en día, hai cada vez máis familias en situación de vulnerabilidade pola crise que estamos a vivir.

 A través de diversas aportacións entre alumnas/os e docentes fomos conseguindo diferentes postres e castañas, que se asaron no centro, para posteriormente poñer todo a venta. Con cada compra regalábamos unhas rifas para entrar nun sorteo, entre os que incluíamos un vale para dúas persoas para unha actividade de rafting e dous vales de compra para a cafetería do noso centro. Ademáis ambientamos o centro con motivo desta festa incluíndo un photocall coa mesma temática.

O día 5 de Novembro, reunímonos no Concello de Ribadeo coa Concelleira de Saúde e Servizos Sociais e o traballador social cos que acordamos invertir o diñeiro recadado en productos frescos para o banco de alimentos do concello, os cales serán mercados na Praza de Abastos do mesmo.

Dende o ciclo de educación infantil queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade coa que quedamos moi satisfeitas e esperamos poder realizar outras iniciativas con tan boa acollida durante o que resta de curso.

 

Distribuir contido