Blogues

Obradoiro de Comunicación on-line (28/03/17)

Os alumnos de 2º do C.M. de Xestión Administrativa xunto cos de 1º do C.S. de Administración e Finanzas participaron nun obradoiro sobre “Comunicación online para empresa” o día 28 de Marzo, impartido por Blanca Díaz Reimunde.

 

O obxectivo deste obradoiro é que o alumnado coñeza as posibilidades que achega o emprego correcto das redes sociais no ámbito profesional, os medios máis axeitados para a creación de páxinas web e blogues de empresa, así como outras ferramentas de comunicación e marketing que lles resultarán moi útiles na súa vida laboral, como a creación dun perfil profesional en Likendin.

 

Foto Obradoiro Comunicacion online para a empresa

Visita dos alumnos de 1º de Ciclo Medio de Carrozaría á empresa Castrosúa en Santiago de Compostela.

O alumnado da Familia Profesional de Tansporte e Mantemento de Vehículos visitou, o 03/03/17 as instalación da empresa de construcción de carrocerías Castrosúa, nas cales puideron observar parte dos procesos da construcción de carrocerías de autobuses urbanos e interurbanos.

 

Taller de Lecer

 

Ao amparo do Programa Lanzadeira o alumnado de 2º de Dependencia crea unha mini empresa chamada Ribadeo lecer, que implementa un proxecto chamado Experimenta co lecer que vai destinado a usurios/as de máis de 60 anos. Desenvolverase mediante talleres de lecer e comunicación (obradoiros de lecer) os mércores de 10:30 a 12:30 no CIFP Porta da Auga desde o día 8 de febreiro  (son 4 mércores), o número de prazas ofertado é de 14, deixando 10 prazas de reserva.
O prezo total é de 5 euros.

 

Visita a Lugo ós xulgados do social e ó rexistro mercantil.

O día 20 de decembro de 2.016 un grupo de alumnos de 2º de Administración e Finanzas do C.I.F.P. “PORTA DA AUGA” de Ribadeo, acompañados por dous profesores, acudiron a Lugo ás seguintes actividades:

Pola mañá asistiron nos Xulgados do Social a presenciar xuízos sobre cuestións de índole laboral (despedimentos, reclamación de cantidades, etc.). A xuíza, de xeito moi amable, entre xuízo e xuízo, deu unha breve explicación xurídica sobre as cuestións que se acababan de ver, explicacións que, tanto alumnos como profesores agradecemos, pois axudaban a entender o que alí se acababa de dirimir. Esta actividade foi organizada polo profesor de Recursos Humanos, Anxo Martínez Pérez.

                Pola tarde a visita foi ó Rexistro Mercantil onde os alumnos recibiron unha breve charla sobre os seguintes temas: legalización de libros contables, depósito de contas anuais e inscrición das sociedades no Rexistro Mercantil, temas todos eles referidos a trámites de natureza contable que hai que realizar no Rexistro Mercantil. Esta actividade foi organizada polo profesor de Contabilidade e Fiscalidade Xosé María Martínez Fernández.

 

 

Visita ao centro loxístico de Inditex na Coruña

 

Os alumnos de 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do CIFP PORTA DA AUGA, visitou o 22 de novembro un dos maiores grupos de distribución de moda que opera nos 5 continentes con máis de 7.000  tendas. Falamos de  INDITEX en Arteixo - Coruña. Con un eficiente sistema loxístico que abarca todos os procesos da moda: diseño, fabricación, distribución e venta nas súas propias tendas.

Guia do alumnado 2018-19

Guia do alumnado para o curso 2018-19. Preme aquí

( categories: )

Presentacións inicio curso.

 

Presentacións Curso 2016-17

Premer aquí.

Festividade local

 

 

O Xoves 8 de Setembro o centro permanecerá

pechado por festividade local.

 

 

Exames Setembro FP Básica

 

Datas dos Exames de Setembro correspondentes a FP Básica.          Facer clic aquí

 

 

Sin temor a navegar

O alumnado do curso de 1º de FP Básica de Mantemento de Vehículos, participou  na actividade Sin temor a navegar, impartida no Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo.

A finalidade deste taller e que os nosos alumnos consumidores a diario da web para gozar de moitos dos servizos que ofrece como correo electrónico, compra online, ocio e tempo libre, … coñezan certas normas básicas de seguridade a hora de garantizar unha navegación segura e libre de incidencias. Realizouse un achegamento a este tipo de prácticas fraudulentas para  coñecer como funcionan e aprender a evitalas mediante o uso de ferramentas adecuadas.

Distribuir contido