blogue dePORTA DA AUGA

Probas libres 2019

Calendario probas libres 2019

 

Para acceder ó documento coas datas e horas preme aquí.

 

 

( categories: )

Recomendacións matrícula de Probas Libres:

 

 

(Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación)

 

As persoas aspirantes serán convocadas nun único chamamento para a xornada de acollemento, e para cada parte da proba. Deberán ter consigo o Documento Oficial de Identidade, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea,  xa que en calquera momento se lles pode requirir que acrediten a súa identidade.

As persoas matriculadas serán convocadas a unha Xornada de acollemento onde se lles dará información e instrucións para a realización das probas. Esta terá lugar o xoves 31 de maio ás 19:00h no Salón de Actos do centro.

 

A asistencia a esta xornada é de carácter OBRIGATORIO (agás causa xustificada). Quen non asista causará baixa de oficio.

As persoas matriculadas deberán presentarse a todos os módulos nos que estean matriculados e ás dúas partes da proba de cada módulo,  de non ser así causarán baixa de oficio.

 

(Non se presentarán á 2ª parte de proba cando non superen a 1ª parte, xa que esta é eliminatoria. As puntuacións obtidas serán expostas no taboleiro de anuncios así como na páxina web do centro, mais no caso de existir algún erro ou diferenza entre a información publicada na web e a publicada no centro, terá validez oficial esta última).

 

É importante antes de formalizar a matrícula consultar o calendario e horario das probas e as programacións dos módulos que estarán accesibles na biblioteca do centro e na web.

 

As persoas que causen baixa de oficio perderán a condición de persoa matriculada na proba, polo que:

 Non se terá en conta ningunha cualificación

Non poderán presentar unha solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte agás que haxa vacantes logo de resolto o proceso de admisión.

 

Quen desexe solicitar a validación dalgún módulo profesional deberao facer constar no momento de presentar a solicitude de matrícula para as probas (Cubrir modelo de instancia Anexo XIV Orde 12 de xullo de 2011 e xuntar documentación).  As persoas pendentes de validación nalgún módulo deberán presentarse a proba do correspondente módulo profesional.

 

NOTA INFORMATIVA: Non é necesaria a matricula en todos os módulos do Ciclo Formativo, só nos estritamente necesarios para a súa superación por probas ou por validación.

 

( categories: )

Probas Libres 2019

Programacións Probas Libres 2019:

 

Familia Transporte e Mantemento:

CS Automoción:

Prema aquí.

CM Electromecánica de vehículos:

Prema aquí.

 

Familia de Electricidade e Electrónica:

CM Instalacións eléctricas e automáticas:

Prema aquí.

CS Sistemas electrotécnicos e automatizados:

Prema aquí.

 

Familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade:

CM Atención a persoas en situación de dependencia:

Prema aquí.

CS Educación infantil:

Prema aquí.

 

Familia de Administración e Xestión:

CM Xestión Administrativa:

Prema aquí.

CS Administración e finanzas:

Prema aquí.

 

Familia de Edificación e Obra Civil:

CM Obras de interior, decoración  e rehabilitación.

Prema aquí.

 

Departamento de F.O.L:

Prema aquí.

 

Departamento de Dinamización de Idiomas:

Prema aquí.

( categories: )

Presentacións inicio de curso

 

PRESENTACIÓNS CURSO 2017-18

 

15  DE SETEMBRO

Ás 10:00h:

CM Electromecánica.

                  CM Carrozaría.

                  CS Automoción.

CM Instalacións eléctricas.

FP Básica mantemento de vehículos.

Ás 12:00h: 

CS Educación infantil.

                  CM At. a persoas en situación de dependencia.

                  CS Administración e Finanzas.

CM Xestión administrativa.

 

18  DE SETEMBRO

Ás 18:00h:

CM Obras de interior, decoración e rehabilitación.

CS Sistemas electrotécnicos e automatizados.

CM Xestión administrativa (Distancia).

 

Os ciclos que teñen a presentación o día15 comezarán as clases o 18 de Setembro.

Os ciclos con presentación o día 18 comezarán as clases o 19 de Setembro.

 

Becas Curso 2017-18

El Ministerio de Educación publica la RESOLUCIÓN DE 3 DE AGOSTO DE 2017, DE LA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL Y UNIVERSIDADES, POR LA QUE SE CONVOCAN BECAS DE CARÁCTER GENERAL PARA EL CURSO ACADÉMICO 2017-2018, PARA ESTUDIANTES QUE CURSEN ESTUDIOS POSTOBLIGATORIOS.

ESTUDIOS: 

Pueden solicitar estas becas los estudiantes que estén matriculados en el curso 2017-2018 en alguno de los siguientes niveles:

  • Primer y segundo cursos de Bachillerato.
  • Formación Profesional de grado medio y de grado superior.
  • Enseñanzas artísticas profesionales.
  • Enseñanzas deportivas.
  • Estudios de idiomas en Escuelas Oficiales, incluida la modalidad de distancia.
  • Enseñanzas artísticas superiores.
  • Estudios religiosos superiores.
  • Estudios militares superiores.
  • Cursos de preparación para pruebas de acceso a la Formación Profesional impartidos en centros públicos y privados concertados.
  • Formación Profesional Básica. 

·         PLAZO de presentación de la solicitud: Del 11 de agosto al 3 de octubre del 2017. 

·   

·        La SOLICITUD se presenta mediante formulario on-line a través de la página web del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.No hay que aportar documentación pues las unidades encargadas de la tramitación consultarán y obtendrán de la administración correspondiente todos los datos necesarios para verificar que se reúnen los requisitos generales, académicos y económicos.

ENLACES:

Peche do centro

 

O Venres 8 de Setembro o centro pernacerá pechado por festividade local.

 

 

Admisión FP Dual CM Electromecánica de maquinaria

O noso CM de Electromecánica de maquinaria, (En modalidade FP Dual), prorroga o prazo de admisión durante todo o mes de Xullo. Rogamos ós interesados que se acheguen pola nosa oficina de secretaría para recibir máis información ou chamar ó 982128894.

 

 

Día non lectivo

 

O Martes día 2 de Maio o centro permanecerá pechado.

Desculpen as molestias.

 

Taller de Lecer

 

Ao amparo do Programa Lanzadeira o alumnado de 2º de Dependencia crea unha mini empresa chamada Ribadeo lecer, que implementa un proxecto chamado Experimenta co lecer que vai destinado a usurios/as de máis de 60 anos. Desenvolverase mediante talleres de lecer e comunicación (obradoiros de lecer) os mércores de 10:30 a 12:30 no CIFP Porta da Auga desde o día 8 de febreiro  (son 4 mércores), o número de prazas ofertado é de 14, deixando 10 prazas de reserva.
O prezo total é de 5 euros.

 

Distribuir contido