VISITA AO PARLAMENTO DE GALIZA DO ALUMNADO DE ADMINISTRACIÓN

O alumnado dos primeiros cursos dos ciclos Básico de Servizos Administrativos, Medio de Xestión Administrativa e Superior de Administración e Finanzas desprazouse a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia.

Durante esta actividade recibiron unha amena explicación sobre o funcionamento da Cámara, e puideron coñecer todos os espazos relevantes da súa sede, así como a súa moi importante colección contemporánea de obras de obras de artistas galegos.

Á tarde visitaron o Museo do Pobo Galego, o principal continente da nosa historia sobre os oficios, habitat, festas e xeitos de vida do noso pobo.

Tamén houbo tempo pasa un paseo polos principais lugares da nosa capital, gozando do seu animado ambiente.

CONCURSO "DALLE OUTRA VIDA" (DEPARTAMENTO DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)

Presentamos ás premiadas no concurso "Dalle outra vida":

1º PREMIO “AJEDREZ DE CORCHO”, materiais reutilizados: cartón, papel de periódico, tapóns de corcho. Presentado por Marta Alonso de 1ºC.S. de Administración e Finanzas.

2º PREMIO “ORGANIZADOR DE LÁPICES, BROCHAS”…materiais reutilizados:    botellas de plástico, corda. Presentado por Carmen Barrera de 1º C.M. de Administrativo.

         3º PREMIO “ PAPELEIRA”, materiais reutilizados: neumáticos.

Presentado por Nerea Freije de 1º C.M. de Administrativo

PARABÉNS A TODAS!

VISITA AOS XULGADOS DO SOCIAL DE LUGO (CICLOS XESTIÓN ADMINISTRATIVA E ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)

O luns 10 de febreiro, o alumnado de 2º curso de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de 2º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas realizou a programada actividade complementaria á formación (ACF) Visita aos Xulgados do Social de Lugo.

En concreto puideron asistir a varios xuízos laborais. Un dos mesmos resultou de especial interese dada a importancia do tema, un despedimento improcedente, e a riqueza procesal da vista presenciada, na que, aparte da pertinente documentación presentada polas partes, se viron gravacións de vídeo e compareceron testemuñas, tanto por parte do traballador como da empresa, e dun perito experto no asunto en litixio.

A actividade foi sumamente positiva, dado que se puideron ver claros exemplos prácticos de contidos estudados nas clases de Recursos Humanos, nomeadamente os relativos a contratación laboral e a causas de despedimento disciplinario.

Agardamos agora con impaciencia a coñecer as respectivas sentenzas, que serán obxecto de análise e comentario en clase.

A mañá completouse cun paseo pola zona centro da cidade amurallada, despois do cal se iniciou o regreso ao noso centro.

Visita as instalacións de SOGAMA

 

  O 30 de xaneiro o alumnado do C.S. de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS do CIFP PORTA DA AUGA de RIBADEO visitou as instalacións de SOGAMA, sita en Cerceda, Coruña, co  fin de coñecer o proceso industrial e a loxística empresarial desta  empresa pública-mixta, adicada a selección de lixos co fin de que logo sexán reciclados 

Dende esta páxina dar as grazas ó persoal da empresa que nos explicou e mostrou amablemente as suas instalación.

I CONCURSO "MEMES POLO GALEGO" DO CIFP PORTA DA AUGA

Adxuntamos as bases da convocatoria do I CONCURSO "MEMES POLO GALEGO"

Animádevos a participar!

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO"

O pasado venres, 10 de xaneiro, o conxunto do alumnado do CIFP Porta da Auga xunto co alumnado do IES Dionisio Gamallo achegouse ao Cine-Teatro de Ribadeo co fin de asistir á proxección do documental "Tódalas mulleres que coñezo", dirixido por Xiana Teixeiro, que nos acompañou na presentación e posterior coloquio sobre o filme. Esta actividade foi organizada pola Comisión de Igualdade do CIFP Porta da Auga. Dende o noso centro damos as grazas a Xiana Teixeiro pola realización deste filme sensibilizador e pola súa presenza, así como tamén ao profesorado e alumnado do IES Dionisio Gamallo pola súa asistencia, compromiso e participación activa neste acto. Parabéns a todas as compoñentes da Comisión de Igualdade polo seu bo facer!

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS 2020

Convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais en Galicia 2020

 

A Consellería de Educación publicou a Orde do 29 de novembro de 2019, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unida-des de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.

 

QUE É A ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS?

 

É un proceso destinado a recoñecer, avaliar e acreditar oficialmente a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais. A acredi-tación de competencias realízase sobre unidades de competencia dos títulos de for-mación profesional vixentes. Para elo a A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional convo-ca cada ano o proceso de acreditación de competencias profesionais.

          En cada convocatoria establécese a oferta de unidades de competencia e o número de prazas de distintas familias profesionais, os prazos de solitude de inscrición, o ca-lendario do proceso e as sedes onde se realiza todo o proceso.

 

CALES SON AS FASES DO PROCESO DE ACREDITACIÓN?

 

       1º Inscrición.

2º Asesoramento: Nesta fase asígnase un asesor/a que acompañará e aconsellará ó candidato/a para que teña máis posibilidades de superar a fase de avaliación.

3º Proceso de avaliación: Nesta fase poderase demostrar as competencias profe-sionais para as que se solicite a acreditación mediante métodos de avaliación apro-piados ás características do candidato/a.

4º Acreditación da competencia profesional: Nesta fase entregarase unha acredi-tación de cada unha das unidades de competencia unha vez que se supere o proceso de avaliación.

 

SOLICITUDES:

Prazo: do 13 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2020.

Cada participante presentará unha única solicitude. Poderá elixir unha ou va-rias unidades de competencia das que se convocan, sempre que estean incluí-das nun mesmo ciclo formativo e se desenvolvan nunha mesma sede.

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigato-riamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación in-formática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde on-de deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.

Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán car-garse na devandita aplicación informática.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos meca-nismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

TAXAS:

 

Fase de asesoramento: única taxa de 20´73 euros.

Fase de avaliación: 10´37 euros por competencia.

 

 

CALENDARIO DO PROCESO 2020

 

 

 

Distribuir contido