Blogues

Correlingua 2015

O alumnado de 1º curso do ciclo formativo de grao superior en Educación Infantil, coa coordinación da profesora Puri Ferreiro, participou activamente no Correlingua 2015, celebrado o 5 de maio en Ribadeo. Estivo encargado de organizar o fotocall e tamén de levar a cabo actividades de animación –como se pode ver nas imaxes– co alumnado da etapa de Educación Infantil dos CEIPs participantes; actividade necesaria, xa que os nenos e nenas máis pequenas non participan na carreira. A xornada foi proveitosa, tanto polo que ten de reivindicación da Lingua como que lles permitiu traballar directamente coas nenas e nenos.

Axuda ó Nepal

O alumnado de 1º do CS de Educación Infantil, está a realizar unha campaña solidaria en favor de todas as nenas e nenos damnificadas na catástrofe de Nepal. Durante os recreos venden diversos postres realizados por eles e elas mesmas. Animámovos a participar desta boa causa e a desfrutar dos nosos doces!

Visita ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)

O alumnado de 1º curso do ciclo formativo de grao superior en Educación Infantil visitou, na mañá do día 23 de abril, o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Santiago de Compostela. Nel fixeron un percorrido polas diferentes seccións, deténdose naqueles aspectos máis relacionados coa primeira infancia, en particular co relacionado co xogo e xoguete e outros da didáctica da educación infantil. Na xornada da tarde o alumnado tamén visitou o proxecto educativo de iniativa privada Semente, tamén situado na cidade de Santiago de Compostela e que está artellado arredor do traballo na natureza, por proxectos e da lingua.

 

Probas libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2014-2015

Prazo de solicitude de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 30 de abril de 2015 ata as 13:00 h.

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Calendario de admisión

Solicitudes: 

  • Presentación de solicitudes: do 17 ao 30 de abril ata as 13:00 horas
  • Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio
  • Reclamación contra a listaxe provisional: do 7 ao 11 de maio ata as 13:00 horas
  • Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio

Adxudicación e matrícula:

  • Listaxe de persoas adxudicadas: 18 de maio
  • Matriculación: do 19 ao 21 de maio ata as 13:00 horas
  • Liberados: do 25 ao 29 de maio ata as 13:00 horas

Xornada de Acollemento

Convocada a xornada de acollemento para o luns 1 de xuño ás 19:00h no Salón de Actos do centro. A asistencia a esta xornada é de carácter obrigatorio  para os alumnos matriculados (agás causa xustificada). Quen non asista causará baixa de oficio.

 

Para consultar as programacións de cada módulo profesional preme aquí.

Para máis información premer aquí.

( categories: )

Visita a escolas infantís da Rede de Escolas A Galiña Azul

O 14 de abril o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil viaxou á localidade coruñesa de Culleredo para coñecer dúas escolas infantís pertencentes á Rede de Escolas A Galiña Azul (Fonte da Balsa e O Burgo). Entre outras cuestións, o alumando observou os espazos e a metodoloxía que desenvolven. Pola tarde, coñeceu o Centro Sociocultural Ágora, na cidade da Coruña e que pertence á Rede municipal. En concreto, realizou unha visita guiada á biblioteca que alberga, deténdose na sección infantil, na que realizan actividades de achegamento das crianzas e familias ao proceso lector.

Charla-obradoiro de ilustración

O pasado 26 de marzo o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil recibiu a visita de Xosé Cobas, recoñecido ilustrador, deseñador e pintor galego de literatura infantil e xuvenil, e con grandes premios ás súas costas.

O autor impartiu un obradoiro de ilustración dirixido ao alumnado de primeiro e segundo curso do ciclo, onde explicou a importancia de ter en conta o imaxinario infantil á hora de ilustrar un álbum ou conto, e mostrou ao alumnado de forma práctica os símbolos e referencias visuais dos que el se nutre para realizar as súas ilustracións e deseños.

A actividade foi moi enriquecedora xa que os participantes achegáronse ao mundo da pintura, o deseño e a ilustración e recoñeceron a importancia da educación artística e estética no ámbito da Educación Infantil.

Convocada a primeira reunión grupal de Acreditación 2015

Convocada a primeira reunión grupal de asesoramento, dentro do proceso de Acreditación 2015, para o dia 23 de Abril , ás 19:00 horas. A celebrar no salón de actos do CIFP "Porta da Auga". 

Recorde que nesta primeira reunión deberá presentar o xustificante do pago da fase de asesoramento (para máis información consulte a páxina Taxas para ver as posibles excepcións).

Charla sobre Riscos de Internet

O pasado mércores, 8 de Abril, o alumnado de Primeiros Cursos  de Ciclos Medios e Superiores do noso CIFP, asistiron no salón de actos do centro  a unha conferencia para afondar sobre os Riscos de Internet, a cargo do formador da Garda Civil, Ramón Peña. Nela explicarónse cales son os perigos do uso indebido das redes sociais e dos programas de comunicación on line.

Esta actividade enmarcada no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, ten como obxectivos principais, por unha banda, concienciar ao alumnado sobre a necesidade de incluir na súa rutina diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa intimidade e información persoal, e por outra, evitar prácticas que, aínda por descoñecemento, podan derivar nun delito.

Ao longo da conferencia, de dúas horas de duración, o alumnado amosou unha actitude participativa, consultando as cuestións que lles ían xurdindo ao escoitar as experiencias do relator.

Edificación e obra civil: Charla da Fundación Laboral da Construcción

 

 

O pasado dia 27 de Marzo realizouse a charla sobre legislación no

 sector da construcción con ua afluencia de uas 40 personas, todas ellas

profesionales do sector.

A charla impartida por Ignacio Oliveira, delegado da  Fundacion Laboral da

Construcción tuvo gran acollida por parte da xente asistente.

Visita á Cruz vermella e á Residencia de maiores Sanitas ( A Coruña)

O pasado mércores, 25 de Marzo, os alumnos e alumnas  que cursan o  CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, realizaron unha viaxe á Coruña enmarcada no  programa de actividades complementarias á propia formación no Centro. Así, visitaron a Cruz Vermella, onde tiveron a oportunidade de ver a central de teleasistencia, o Centro de día e o funcionamento da ambulancia asistencial. Xa pola tarde, achegáronse á residencia de maiores Sanitas, co fin de coñecer as últimas innovacións no desenvolvemento de programas destinados a mellorar a calidade de vida das persoas con algún tipo de demencia.  Os alumnos do ciclo Atención a persoas en situación de dependencia teñen un módulo directamente relacionado coa teleasistencia, de aí que resultara particularmente útil coñecer o servizo dende a propia realidade do traballo día a día.

Distribuir contido