Número 3 curso-15-16

Número 3 da revista do CIFP PORTA DA AUGA de Ribadeo.

Fai un clik na imaxe seguinte para poder visualizar a revista:

( categories: )

Participación no Correlingua

O pasado xoves día 5 de maio o alumnado do 1º curso do CS de Educación Infantil achegouse a Burela para colaborar no Correlingua, onde realizaron diversas actividades dirixidas ós nenos e nenas dos centros educativos da zona da Mariña que participaron este ano.

 

 

 

Visita ás escolas infantís de Burela, Foz e Mondoñedo

O pasado venres día 29 de abril o alumnado de 1º do CS de Educación Infantil visitou as escolas infantís de Burela, Foz e Mondoñedo, onde aproveitaron para contar contos dramatizados ós nenos e nenas.

Obradoiro de musicoterapia

O pasado venres 22 de abril o alumnado dos ciclos de Educación Infantil e Atención a Persoas en Situación de Dependencia recibiu a inestimable visita de Tomás Rábanos, musicoterapeuta e experto en pedagoxía musical.

Xornada de formación organizada polo Departamento de Edificación

O Departamento de Edificación e obra civil vai organizar para o dia 27 de mayo unha xornada sobre sistemas de impermeabilización, solucions ó problema de humidade por ascension capilar e sobre os illamentos termoacusticos.Colabora a Empresa alemana SCHLUTER SYSTEMS. 

Si estas interesado en asistir cubre un pequeno cuestionario pinchando aquí

Curso de retirada de chapas de fibrocemento

O día 22 de abril empezou o curso de retirada de chapas de fibrocemento (uralita). O curso será venres 22, sábado 23, venres 29 e sábado 30 do mesmo mes de Abril.

A duración é de 20 horas de formación necesaria para poder retirar Capas con fibrocemento.

Bolsa de Emprego

Dirixida a ex-alumnos e alumnos  do CIFP PORTA DA AUGA podes visitar a nosa bolsa de emprego existente nesta páxina e observar as últimas ofertas de emprego recibidas. Si esta interesado contacta a traves da propia oferta.

Ofertas de emprego

Xornada de portas abertas. Visita das Instalacións

¿Desexas visitar as Instalacións dalgunha familia existente no CIFP PORTA da AUGA?

Non tes más que clicar nos iconos da familia(s) que che interesa(n) e cubrir un pequeno cuestionario para que te invitemos a unha visita detallada das instalacións desa familia profesional.

Unha vez cuberto o pequeno cuestionario nos poñeremos en contacto para concertar a visita.

Sin temor a navegar

O alumnado do curso de 1º de FP Básica de Mantemento de Vehículos, participou  na actividade Sin temor a navegar, impartida no Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo.

A finalidade deste taller e que os nosos alumnos consumidores a diario da web para gozar de moitos dos servizos que ofrece como correo electrónico, compra online, ocio e tempo libre, … coñezan certas normas básicas de seguridade a hora de garantizar unha navegación segura e libre de incidencias. Realizouse un achegamento a este tipo de prácticas fraudulentas para  coñecer como funcionan e aprender a evitalas mediante o uso de ferramentas adecuadas.

Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais

O pasado  07 de abril,  Ramón Peña  acudiu o noso centro esta vez para impartir a charla Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais destinada ao alumndo de 1º curso  dos ciclos formativos do CIFP Porta da Auga.

O obxectivo da actividade foi traballar  a prevención dos principais perigos de internet e proporcionarlles ferramentas para ser consumidores concientes e responsables das novas tecnoloxías. Falouse do ciberbullying, grooming, sexting, sextorsión, privacidade, … co fin de sensibilizar sobre a frecuencia destas ameazas e da necesidade de tomar precaucións.

Distribuir contido