Iniciar sesión |
Acreditacion e probasProbas libres 2019. BibliografíaSe estás interesado en presentarte ás probas libres nalgún dos módulos que impartimos no @CifpPortadaAuga aquí podes consultar a bibliografía para preparar cada unha das probas. Para máis información podes acudir ao departamento de información e orientación profesional. A continuación se expoñen a bibliografia para cada unha das familias profesionais. Podes visualizala ou descargala en pdf pinchando no icono da familia: ( categories: )
Acreditación de competencias 2019Publicada a orde do proceso de acreditación de competencias profesional a través da experiencia laboral para o 2019. Toda a información no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181214/AnuncioG0534-071218-0001_gl.html O prazo de presentación de solicitudes é do 14 de xaneiro ó 7 de febreiro. Estamos á vosa disposición para aclararvos calquera dúbida. ( categories: )
Probas libres 2019Cualificacións segunda parte da proba. Para acceder ó documento preme aquí.
( categories: )
Probas Libres 2019Cualificacións primeira parte da proba. Para acceder ó documento preme aquí.
( categories: )
Probas libres 2019( categories: )
Recomendacións matrícula de Probas Libres:
(Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación)
As persoas aspirantes serán convocadas nun único chamamento para a xornada de acollemento, e para cada parte da proba. Deberán ter consigo o Documento Oficial de Identidade, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea, xa que en calquera momento se lles pode requirir que acrediten a súa identidade. As persoas matriculadas serán convocadas a unha Xornada de acollemento onde se lles dará información e instrucións para a realización das probas. Esta terá lugar o xoves 31 de maio ás 19:00h no Salón de Actos do centro.
A asistencia a esta xornada é de carácter OBRIGATORIO (agás causa xustificada). Quen non asista causará baixa de oficio. As persoas matriculadas deberán presentarse a todos os módulos nos que estean matriculados e ás dúas partes da proba de cada módulo, de non ser así causarán baixa de oficio.
(Non se presentarán á 2ª parte de proba cando non superen a 1ª parte, xa que esta é eliminatoria. As puntuacións obtidas serán expostas no taboleiro de anuncios así como na páxina web do centro, mais no caso de existir algún erro ou diferenza entre a información publicada na web e a publicada no centro, terá validez oficial esta última).
É importante antes de formalizar a matrícula consultar o calendario e horario das probas e as programacións dos módulos que estarán accesibles na biblioteca do centro e na web.
As persoas que causen baixa de oficio perderán a condición de persoa matriculada na proba, polo que: Non se terá en conta ningunha cualificación Non poderán presentar unha solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte agás que haxa vacantes logo de resolto o proceso de admisión.
Quen desexe solicitar a validación dalgún módulo profesional deberao facer constar no momento de presentar a solicitude de matrícula para as probas (Cubrir modelo de instancia Anexo XIV Orde 12 de xullo de 2011 e xuntar documentación). As persoas pendentes de validación nalgún módulo deberán presentarse a proba do correspondente módulo profesional.
NOTA INFORMATIVA: Non é necesaria a matricula en todos os módulos do Ciclo Formativo, só nos estritamente necesarios para a súa superación por probas ou por validación.
( categories: )
Probas Libres 2019Programacións Probas Libres 2019:
Familia Transporte e Mantemento: CS Automoción: Prema aquí. CM Electromecánica de vehículos: Prema aquí.
Familia de Electricidade e Electrónica: CM Instalacións eléctricas e automáticas: Prema aquí. CS Sistemas electrotécnicos e automatizados: Prema aquí.
Familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade: CM Atención a persoas en situación de dependencia: Prema aquí. CS Educación infantil: Prema aquí.
Familia de Administración e Xestión: CM Xestión Administrativa: Prema aquí. CS Administración e finanzas: Prema aquí.
Familia de Edificación e Obra Civil: CM Obras de interior, decoración e rehabilitación. Prema aquí.
Departamento de F.O.L: Prema aquí.
Departamento de Dinamización de Idiomas: Prema aquí. ( categories: )
Bibliografia para preparar as probas libres de módulos profesionaisA continuación se expoñen a bibliografia para cada unha das familias profesionais. Podes visualizala ou descargala en pdf pinchando no icono da familia:
Módulos transversales a varios ciclos formativos: Bibliografia do departamento de Formación e orientación laboral para probas libres. Bibliografia do Departamento de Dinaminación de idiomas (Inglés) para probas libres ( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|