blogue deBenito

Charla organizada polo Dpto de Información e Orientación profesional

 

Continuando na liña de anos anteriores o noso centro contou onte cunha charla informativa e preventiva sobre Drogas enmarcada dentro do “Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos” impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

 Esta charla é a primeira deste curso escolar 2014-2015 e estará seguida por outras charlas informativas/formativas os días 4 de febreiro e 24 de marzo sobre Violencia de xénero e Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía) 

 Estas actuacións teñen a finalidade de favorecer a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros.

 

 

 

Visita do alumnado da Familia de Administrativo a INDITEX (ARTEIXO)

Visita do alumnado da Familia de Administrativo a INDITEX (ARTEIXO)

Visitáronse, o 15 de decembro,as instalacións de INDITEX en Arteixo na Coruña, uns dos maiores grupos de distribución de moda no mundo con máis de 6.460 tendas en 88 países.

O alumnado puido ver as áreas de diseño, fabricación e loxística

Charla formativa Plan de Autoprotección

 

Durante o día 13 de Novembro de 2014, nas instalacións do CIFP PORTA DA AUGA, tivo lugar a CHARLA FORMATIVA EN RELACION CO PRAN DE AUTOPROTECCION, impartida polo arquitecto técnico D. Jesús Valencia Sar, que tamén está titulado como técnico superior en riscos laborais. A citada charla ten periodicidade anual e consta de 2 horas presenciales de duración. Foi dirixida a todo o persoal membro da comunidade educativa do CIFP.

 

( categories: )

Cursos

 Formación continua: empresa APLICA

 

O departamento de Edificación e Obra Civil do centro integrado de formación profesional Porta Da Auga de Ribadeo, acolleu o pasado dia 27 de Novembro, cunha asistencia duns 40  profesionais do sector da construción un curso sobre morteiros técnicos, impartido pola empresa APLICA, fabricante de morteiros técnicos especiais derivados do cemento, da man do seu representante na zona Hondecor.

 A formación tivo unha parte teórica e una parte práctica, sobre morteiros de renovación e de reparación, pastas niveladoras e impermeabilizantes cementosos, a cargo de persoal de Hondecor e de Javier Fernández, director de Aplica da zona Noroeste.

 O departamento de edificación e Obra Civil quere agradecer a estas empresas a súa  colaboración neste tipo de actividades e tamén a todos os profesionais que asistiron á devandita formación.

 

Visita dos alumnos de Administrativo a ENCE (NAVIA)

 

 

 

O alumnado da rama de Administrativo fixo o pasado día 11 de novembro unha visita a ENCE-Navia, máis coñecida como a “Papelera” para ver o proceso da obtención da pasta de papel  e a loxística empresarial  levada a cabo por esta  gran empresa da man de José Fernández Vega.

Dende aquí dar as grazas por a sua xentileza e atendernos con tanta amabilidade.

 

Charla sobre a mellora continua na xestión dunha empresa

O alumnado das familias profesionais de Administración e Xestión, Automoción e Electricidade asistiron ,o día 9 de outubro no salón de actos do CIFP PORTA DA AUGA de Ribadeo,  a unha charla impartida polo Xefe do dpto. de Capital Humano, José Mª Pérez Parga, e pola responsable da Mellora Continua, Laura Rodriguez Alvarez,  da empresa  ENCE-Navia sobre “ A Mellora Continua na xestión dunha empresa”  na que puideron escoitar  e ver as actuacións que se levan a cabo  en unha gran empresa do noso entorno sobre os avances  na implementación dos máis modernos procedementos  de xestión e innovación continua.

Número 1 da revista do CIFP PORTA DA AUGA

Pódese descargar o número 1 da revista do CIFP que acabamos de sacar a luz

Para descargar preme na imaxe

Xornadas de fibra óptica

Comunicamos que xa non existen prazas para participar nas xornadas, por haber máis de 20 pre-inscricións,  inicialmente previstas como máximo. 

Para consultar a lista de participantes inscritos preme aqui

Formación para Emprego:Xornadas de Fibra óptica

O Departamento de Electricidade organiza unhas xornadas de 4 días sobre o emprego da fibra óptica en Instalacións de redes de datos e de Infraestructuras de telecomunicación en edificios de viviendas.

Estas xornadas van dirixidas a traballadores en activo. As datas de celebración serán o 26 de Maio, o 3, 4 e o 5 de xuño en horario dende as 6:30h ata as 9:30h. O Programa das mesmas podes descargalo AQUI.

 

Para poder asisitir a estas xornadas é necesario facer unha pre-inscripción.

Comunicamos que xa non existen prazas por superar máis de 20 pre-inscricións  inicialmente previstas como máximo

Para consultar a lista de participantes inscritos preme aqui

( categories: )
Distribuir contido