Intelixencia Artificial no Ensino do Emprendemento
Onte (28/11/23) demos por rematado o obradoiro para o profesorado sobre INTELIXENCIA ARTIFICIAL NO ENSINO DO EMPRENDEMENTO que se levou a cabo no Cifp Valentín Paz Andrade baixo o marco da Aula de Emprendemento.
Desde o 14 de novembro se viñeron realizando diversas sesións formativas da man de Raquel Pedrouso, excelente coñecedora de novos recursos en IA. Esta formación tivo moi boa acollida entre os nosos docentes e promete ter continuidade. De seguro promoverá un antes e un despois nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.