You are hereBlogues / blogue deadmin
blogue deadmin
Datas e horario para a entrega das notas finais do curso 2019-2020
Para cumprir cos protocolos de prevención e seguridade derivados da situación actual, a entrega de notas de cada curso realizarase seguindo o seguinte calendario e horario. Lémbrase que é necesario o uso de mascarilla.
AVISO IMPORTANTE: o novo horario de entrega de notas do Ciclo Superior de Deseño e xestión da produción gráfica:
- 11.30 a 12.30: 2º curso de Deseño e xestión da produción gráfica
- 12.30 a 13.30: 1º curso de Deseño e xestión da produción gráfica
Aquamóbil Adapt, o triciclo anfibio para persoas en cadeira de rodas
Aquamobil adapt é un triciclo anfibio con motor eléctrico para persoas en cadeira de rodas. Proxecto de innovación realizado polo alumnado de FP Básica do IES Montecelo. Premiado no FPInnova, Consellería de Educación e Formación Profesional.
Quérote+ no Montecelo 2019-2020
Un ano máis o centro participa no Plan Proxecta a través do programa Quérote+, coa finalidade de formar ao noso alumnado de 1º de FP Básica en materia de educación afectivo-sexual. A pesar das peculiaridades deste curso académico os alumnos e as alumnas acolleron con curiosidade e emoción o desenvolvemento do programa acadando un alto grao de participación e implicación.
Como arquivo adxunto publicamos a Memoria final avaliando os resultados deste ano e amosamos cunhas imaxes e vídeos algúns momentos vividos polo alumnado durante a realización das actividades propostas.
Probas libres 2020
Apertura do prazo matrícula probas libres para obtención de títulos de técnico e técnico superior do 1 ao 12 de xuño.
As probas terán lugar na primeira quincena de setembro.
Máis info en: http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual
Novas datas para as probas de acceso a ciclos
Ciclos medios:
Calendario e información actualizada
Modificacións das programacións por mor da situación COVID-19
Publícanse as modificacións das programacións dos módulos profesionais. Podes consultar a información nos arquivos adxuntos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »