Skip to Content

Biblioteca Francisco Fernández del Riego

Día de Rosalía

Concurso de Monólogos

Concurso de Monólogos

 

A Biblioteca do noso centro convoca un Concurso de Monólogos onde poden participar todos os centros de ensino medio de Vigo.

 

Adxuntamos convocatoria, animátevos!!

 


Normas na Biblioteca Francisco Fernández del Riego

             

 

 Normas na Biblioteca Francisco Fernández del Riego

 

             

A Biblioteca é un servizo cuxo fin é o de dispoñer e facilitar a información documental necesaria que permita á mesma cumprir os seus obxectivos: a docencia, o estudo e a investigación.

 

Horario 

O horario de apertura da Biblioteca deberá aproximarse o máis posible á franxa horaria de luns a venres ininterrompido de 9.30 horas a 20.00 horas. Calquera cambio do mesmo será anunciado oportunamente en cada punto de servizo e na páxina WEB da Biblioteca . 

 

Uso dos recursos e instalacións 

Todos os usuarios teñen obrigación de respectar aos demais usuarios, así como os medios, instalacións e documentos que a Biblioteca pon á súa disposición, velando pola súa integridad física, manexándoos con corrección e solicitando a asistencia do persoal da Biblioteca cando así o necesiten.

 

Por motivos de seguridade e hixiene, para velar polo mantemento das instalacións e para garantir a preservación das coleccións bibliográficas e equipos, nos espazos públicos da biblioteca non está permitido:

  • Entrar con comidas
  • Entrar con bebidas
  • Fumar
  • Modificar a disposición do mobiliario

 

 

Co fin de facilitar o traballo de estudo e investigación de todos os usuarios, en todos os espazos públicos da biblioteca requírese silencio. Ademais, nos espazos públicos da biblioteca non está permitido:

  • Manter acendidos os teléfonos móbiles
  • Ocupar postos ausentándose por máis tempo do dun breve descanso ou do necesario para facer uso doutros servizos da Biblioteca
  • Reservar sitios a terceiros
  • Sacar documentos da Biblioteca sen efectuar previamente o préstamo ou sen solicitar permiso da Dirección
  • Os libros e outro tipo de materiais, unha vez consultados, colocaranse *debidamente no seu lugar correspondente
  • A Biblioteca non se responsabiliza dos obxectos persoais abandonados nas súas instalacións

 

Todo o persoal da Biblioteca está autorizado a instar a identificarse a calquera usuario que contraveña estas normas xerais ou as particulares estabelecidas para o funcionamento de cada servizo, e todos os usuarios están obrigados a identificárense cando así lles sexa solicitado por algún membro do persoal da Biblioteca.

 

O persoal da Biblioteca, ten capacidade para expulsar por un día dos locais da Biblioteca a aqueles usuarios que contraveñan estas normas e/ou a comunicar o caso á Xefatura de estudos que poderá impedir a utilización dos servizos da Biblioteca, temporal ou definitivamente segundo a gravidade do mesmo.

 

 

Coordinación da Biblioteca Francisco Fernández del Riego

Distribuir contido


by Dr. Radut