Normas na Biblioteca Francisco Fernández del Riego
Normas na Biblioteca Francisco Fernández del Riego
A Biblioteca é un servizo cuxo fin é o de dispoñer e facilitar a información documental necesaria que permita á mesma cumprir os seus obxectivos: a docencia, o estudo e a investigación.
Horario
O horario de apertura da Biblioteca deberá aproximarse o máis posible á franxa horaria de luns a venres ininterrompido de 9.30 horas a 20.00 horas. Calquera cambio do mesmo será anunciado oportunamente en cada punto de servizo e na páxina WEB da Biblioteca .
Uso dos recursos e instalacións
Todos os usuarios teñen obrigación de respectar aos demais usuarios, así como os medios, instalacións e documentos que a Biblioteca pon á súa disposición, velando pola súa integridad física, manexándoos con corrección e solicitando a asistencia do persoal da Biblioteca cando así o necesiten.
Por motivos de seguridade e hixiene, para velar polo mantemento das instalacións e para garantir a preservación das coleccións bibliográficas e equipos, nos espazos públicos da biblioteca non está permitido:
- Entrar con comidas
- Entrar con bebidas
- Fumar
- Modificar a disposición do mobiliario
Co fin de facilitar o traballo de estudo e investigación de todos os usuarios, en todos os espazos públicos da biblioteca requírese silencio. Ademais, nos espazos públicos da biblioteca non está permitido:
- Manter acendidos os teléfonos móbiles
- Ocupar postos ausentándose por máis tempo do dun breve descanso ou do necesario para facer uso doutros servizos da Biblioteca
- Reservar sitios a terceiros
- Sacar documentos da Biblioteca sen efectuar previamente o préstamo ou sen solicitar permiso da Dirección
- Os libros e outro tipo de materiais, unha vez consultados, colocaranse *debidamente no seu lugar correspondente
- A Biblioteca non se responsabiliza dos obxectos persoais abandonados nas súas instalacións
Todo o persoal da Biblioteca está autorizado a instar a identificarse a calquera usuario que contraveña estas normas xerais ou as particulares estabelecidas para o funcionamento de cada servizo, e todos os usuarios están obrigados a identificárense cando así lles sexa solicitado por algún membro do persoal da Biblioteca.
O persoal da Biblioteca, ten capacidade para expulsar por un día dos locais da Biblioteca a aqueles usuarios que contraveñan estas normas e/ou a comunicar o caso á Xefatura de estudos que poderá impedir a utilización dos servizos da Biblioteca, temporal ou definitivamente segundo a gravidade do mesmo.
Coordinación da Biblioteca Francisco Fernández del Riego