MATRÍCULA 2º CURSO de réxime ordinario
INFORMACIÓN E FORMULARIO CURSO 2024/25
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude de Matrícula Interna:
- Copia do DNI/NIE/Pasaporte.
- Documento bancario de pago do Seguro Escolar:
- 1,12 € (só menores de 28 anos).
- Entidade ABANCA. IBAN: ES65 2080 5092 0330 4000 7200
COMO ENTREGAR A SOLICITUDE DE MATRÍCULA INTERNA:
- Cubrir todos os campos no propio DOCUMENTO EDITABLE
- Imprimir o documento cos apartados cubertos
- Asinar polo/a propio/a alumno/a ou representante (para os menores de idade, asinan ambos pais/nais ou titores legais)
- Entregar coa demais documentación solicitada na SECRETARÍA DO CENTRO
DATAS PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
• Alumnado de 1º curso de Réxime Ordinario que supera todos os módulos na 3ª avaliación: 04 e 05 de xuño
• Alumnado de 1º curso de Réxime Ordinario que supera todos os módulos na Avaliación Final: 24 e 25 de xuño
• Con todo, os impresos levarán a data do 23 de xullo de 2024 (dado que ese será o prazo oficial e simplemente estamos evitando que tñas que volver en xullo).
• Cada impreso de matrícula indica a documentación a presentar.
IMPORTANTE: no impreso de matrícula aparece un apartado que é TARXTA SANITARIA/NUSS. Refírese ao número de Seguridade Social do/a alumno/a, non ao que lle da cobertura sanitaria
(do pai ou da nai). É necesario, dado que á hora de realizar a FCT (Formación en centros de traballo), o alumnado será dado de alta na Seguridade Social.
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
• SECRETARÍA DO CENTRO