RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DE PREMIOS A PROXECTOS REDACTADOS E DEFENDIDOS EN GALEGO
O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do CIFP Manuel Antonio resolveu conceder os premios a proxectos redactados e defendidos en galego no curso 2016/2017 ao seguinte alumnado:
- Hostalaría e Turismo: Álvaro Agustín Peralta Techera polo proxecto "Xeira polos Cumios de Vigo e Terras do Miñor".
- Química: Mireia Míguez Losada polo proxecto "Estudos de repetitibilidade e reproducibilidade".
- Sanitaria: Andrea Costela Rodríguez polo proxecto "Avaliación de parámetros de tinción, fixación e adquisición de imaxes".
- Téxtil, Confección e Pel: Carmen Campos Casqueiro polo proxecto "Pretérito Perfecto".
A entrega dos premios realizarase o próximo xoves 29 de xuño ás 13:00 h.
Agradécese a colaboración do profesorado do centro e a participación do alumnado.