Este departamento está coordinado pola orientadora do centro.
Entre as súas funcións están:
- Elaborar o plan de acción titorial do centro
- Informar sobre as oportunidades de acceso ao emprego, oferta de cursos, posibilidades sobre o recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional, das cualificacións profesionales e da formación ao longo da vida.
- Facilitar o acceso aos programas e as actividades de emprendemento que se desenvolvan, así como planificar a actividade do viveiro de empresa.
- Xestionar a bolsa de emprego e a inserción laboral
- Colaborar na detección de dificultades e problemas de desenvolvemento ou aprendizaxe.
O contacto con este departamento será:
orientacion.cifp.granxa@edu.xunta.gal