ERASMUS FOR ALL!!

 

O programa ERASMUS  está diseñado para a mellora de competencias do alumnado de Ciclos Superiores, posibilizando que realicen a FCT nun país comunitario supervisados por un socio europeo da nosa escola.

Incluso en futuras actualizacións, tamén o profesorado se podería beneficiar deste programa europeo.

A oportunidade única que se lles presenta a estos alumn@s, mellora as competencias en materia laboral, linguística e persoal, axudando a completar o currículo do alumno  e facendo que se desenvolvan con autonomía pese a estar en outro país moi diferente do noso.

Temos solicitado este programa para o noso centro e os Ciclos Superiores, agora só queda agardar ós resultados, aínda que seguimos a traballar na búsca de socios, preparación de visitas, preparación linguística, etc.

En canto teñamos novas sobre este novo proxecto, publicarémolo aquí na web e na pantalla de información do hall do centro.