LEONARDO "EUROPE NEXT STATION II" APROBADO E AMPLIADO!!

 

Bóas novas para a nosa comunidade educativa, o CIFP FERROLTERRA, seguindo coas actividades en colaboración co resto de CIFP de Galicia e coa Consellería de Educación ven de acadar a continiudade e ampliación do proxecto Leonardo da Vinci. Baixo o nome "EUROPE NEXT STATION II" dáse continuidade e mellora ó proxecto do ano anterior.

Nesta nova andadura temos concedidas para o noso centro, 6 prazas para alumn@s de ciclos de grado medio, que poderán realizar  a FCT completa nun país Europeo aínda sen definir, xa que será en función dos intereses do alumnado e dos socios comunitarios dispoñibles.

Se estás interesad@, infórmate en canto comence o novo curso 2013/2014, xa que as prazas son limitadas e someteránse ó proceso de selección, segundo o cal se garanta o aproveitamento da FCT e o aprendizaxe/mellora de lingua Inglesa mediante a correspondente preparación linguística.

Apúntate a unha experenza única!

AdxuntoTamaño
LEONARDO_2013_2014.pps295 KB