“CONECTA FERROL”

 

OS ALUMNOS DO CIFP FERROLTERRA ASISTEN Á ACTIVIDADE “CONECTA FERROL”
O día 4 de Maio os alumnos do centro asistiron no CIS GALICIA, en A Cabana, e nas instalacións de FIMO, á actividade de iniciativa e emprendemento “Conecta Ferrol”. Este evento foi organizado pola Coordinadora de Emprendemento e profesora do Dpto. de FOL María I. Argibay en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.


A actividade iniciouse pola mañá coa asistencia á Mostra sobre Emprendemento e Talento Xuvenil no marco do programa “Inicia e emprende o camiño do teu futuro: ESTRATEXIA 3E”, que incluíu diversas charlas, mesa redonda e actividades paralelas nas que o alumnado puido participar activamente xunto con outros centros da zona de Ferrol. Subliñar a participación de poñentes coma Enrique Gómez Fernández, do BIC GALICIA, Jorge Vázquez, deseñador de JV, Roberto Rodríguez, responsable de Atracción de Talento de MUNDO-R, Carla Iglesias Redondo, xerente de LA GUAGUA, Ana Peón Nistral, directora de Recursos Humanos de SERVIGUIDE, Isabel Iglesias, socio-directora de I.G. DOCUMENTACIÓN, Ana María Díaz, Directora Xeral de Formación e Colocación da XUNTA DE GALICIA, entre outros, e coa colaboración da Axencia e Escola de Modelos MAKUA MODELS,  e empresas como LUZ VERDE EVENTOS Y COMUNICACIÓN e  GALIMAXE S.L.
Os alumnos desprazáronse pola tarde ás instalacións de FIMO para participar en diferentes actividades enmarcadas nos obradoiros de “Técnicas de condución deportiva” coordinada por Germán Castrillón, director da ESCUDERÍA A. FERROL, “Xira Galega Karting 2012” por Raquel González, xerente de RGM PRODUCCIONES GADIS, “Iniciativa a través do turismo activo” con actividades de Surf, Windsurf, Padel Surf, Kayak, Escalada e Técnicas de Graffiti, “Iniciativa a través da nosa intelixencia” coa colaboración da monologuista Cristina Moreira, rematando co obradoiro de “Iniciativa a través da música” coa entidade organizadora do Music Festival.

<<VER FOTOS>>