Exposición “o humor e os dereitos da infancia”

 
21/05/2012 09:00
25/05/2012 22:00
Etc/GMT+1

O ciclo superior de Educación Infantil ten previsto presentar a mostra “O humor e os dereitos da infancia” cedida polo Museo do Humor de Fene.  Esta exposición permanecerá no centro dende o día 21 ata o 25 de maio.
“O humor e os dereitos da infancia” é unha exposición colectiva na que diferentes ilustradores/as amosan dende unha perspectiva humorística o seu punto de vista sobre o tema dos Dereitos dos/as nenos/as. A mostra está baseada na “Declaración dos dereitos da infancia” (resolución do 20 de novembro de 1959).